Nu hiu faimos ama hiu armãn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nu hiu faimos ama hiu Armãn»)

Nu hiu faimos ama hiu armãn
Ficha técnica
Título orixinalNu hiu faimos ama hiu armãn
DirectorToma Enache
GuiónAdrian Conerth
Carmen Dîrvariu
Toma Enache
IntérpretesToma Enache
Linda Taylor
Lica Gherghilescu-Tanasoca
EstudioLa Steaua Film Studio
DistribuidoraMediaPro Distribution
Estrea25 de outubro de 2013
Duración108 minutos
OrixeRomanía Romanía
Orzamento300 000 euros
Na rede
IMDB: tt3066900 Filmaffinity: 285977 Editar o valor em Wikidata

Nu hiu faimos ama hiu armãn (traducible dende o arromanés como "Non son famoso pero son arromanés") é un filme romanés de 2013. É o primeiro filme rodado en lingua arromanesa[1][2] e conta a historia de Toni Caramușat, un afamado director de cinema fascinado coa idea de atopar a décimo terceira verdade fundamental sobre os arromaneses. As primeiras doce verdades foron recollidas pola lingüista Matilda Caragiu Marioțeanu en ”Dodecalog of Aromanians”. De acordo co mito, a décimo terceira verdade está en Armãnamea, o derradeiro descendente do pobo. Toni comeza a ter citas con mulleres de todo o mundo coa esperanza de atopar esa verdade e a súa alma xemelga.

O filme gañou o premio "Maestrale Unica", unha honra concedida polo Parlamento de Italia, así como a distinción do Parlamento Europeo á mellor representación dunha minoría lingüística en Europa, no seo do festival de Cinema Babel que se celebrou en decembro de 2013 en Sardeña.[3][4][5]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Toma Enache como Toni Caramușat
  • Linda Taylor como Armãnamea
  • Lica Gherghilescu-Tanasoca como Tanasi Caramușat (pai)
  • Teodora Calagiu Garofil como Haida
  • Rudy Rosenfeld como Iorgu
  • Sorin Saguna como Ianis
  • Camelia Sapera como Tana
  • Nicu Baturi como capitán Tega
  • Anca Manolescu como xuíz
  • Constantin Florescu como piloto do avión
  • Alina Mantu como Teodora
  • Geo Dinescu como Vanghea
  • Mara Panaitescu como ela mesma
  • Aurica Piha como Hrisa
  • Ana Donosa como Kira
  • Anca Zamfir como Marusa
  • Vasile Topa como alcalde
  • Brad Vee Johnson como narrador

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]