Nova Ámsterdan
Epónimo | Ámsterdam | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
Capital de | |||
Sucedido por | Nova York | ||
Nova Ámsterdan ou Nova Amsterdam (en inglés New Amsterdam; en neerlandés: Nieuw-Amsterdam) era o nome dun asentamento fortificado neerlandés do século XVII parte da colonia dos Novos Países Baixos de Norteamérica, e que despois se convertería na cidade de Nova York.
Fundado en 1625 pola Compañía Holandesa das Indias Occidentais, a cidade situábase na punta sur da illa de Manhattan, lugar estratéxico e defendible para o acceso fluvial do comercio de peles no val do río Hudson.
Converteuse no maior asentamento holandés de América do Norte e permaneceu en mans dos Países Baixos ata 1664, en que pasou a pertencer a Inglaterra. Os holandeses recuperárono brevemente en 1673, e volvérono a ceder a Inglaterra en 1674 polos termos do tratado de Westminster.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros asentamentos
[editar | editar a fonte]Giovanni da Verrazano é o primeiro europeo que descobre o sitio da futura Nova Ámsterdan/Nova York desde 1524. Este navegante italiano foi armado polo rei de Francia Francisco I da casa Valois-Angoulême. El dá o nome de Nova Angulema á baía formada polo delta do río Hudson.
Buscando un paso marítimo cara a Asia polo Noroeste, o explorador inglés Henry Hudson visita a baía de Nova York en 1609 e remonta o Hudson, que, ata mediados do século XVII, tiña o nome neerlandés de Noort Rivier (río do Norte). Á súa volta, comenta o gran potencial do lugar, particularmente polos castores cuxa pel constituía unha mercancía moi apreciada, particularmente para producir chapeus impermeables. En 1614, Adriaen Block permanece no lugar durante máis dun ano.
Durante os quince primeiros anos, a illa de Manhattan é pouco utilizada polos colonos dos Novos Países Baixos (Nova Bélxica, Nova Holanda). Os exploradores prefiren penetrarse nos bosques, abundantes en caza, onde practican o troco de produtos europeos baratos por peles traídas polos cazadores indios. Unha das moedas de intercambio utilizada eran os wampum, sorte de cintos adornados de cunchas (perforadas e redondeadas), moi apreciadas polos nativos. Estes cintos facíanos as tribos que vivían preto da beira, e os europeos abastecían ás que non podían producilo nas terras do interior. Ao dispor de ferramentas de metal, os neerlandeses lánzanse á produción destes artigos na illa de Long Island. Con todo a oferta excede rapidamente a demanda, e este mercado foise a abaixo.
En 1624, as primeiras familias de colonos, chamadas para administrar os postos de comercio, son enviadas na súa maioría río arriba ao val de Hudson. Mentres tanto, na illa de Manhattan, atópanse unhas plantacións e un pouco de gandería.
O forte (1625)
[editar | editar a fonte]En 1625, baixo a ameaza crecente dun ataque proveniente doutras potencias coloniais, os dirixentes da Compañía Holandesa das Indias Occidentais decidiron protexer a desembocadura do río Hudson, e reagrupar as actividades dos postos comerciais nun recinto fortificado. Desde 1620, hai pegadas dunha carta do arquitecto inglés Inigo Jones, probablemente contratado pola compañía, que recomendaba construír unha obra en albanelería, segundo un plano en forma de estrela tradicionalmente utilizado naquela época.
O director da compañía, Willem Verhulst, e o enxeñeiro Cryn Fredericks escolleron un sitio apropiado ao sur da illa, o lugar actual dun edificio das aduanas americanas (Alexander Hamilton U.S. Custom House), preto de Battery Park.
1626-1673
[editar | editar a fonte]Willem Verhulst era un director impopular, que trataba aos colonos como simples empregados e non administraba correctamente as finanzas da colonia. En 1626, é substituído por Pierre Minuit. Este último procede á importación dos primeiros escravos africanos a Nova Ámsterdan; a primeira arribada conta con once escravos.
Minuit tamén negocia a compra da illa de Manhattan aos indios lenape, por 60 floríns de mercancías. Este acto fíxose lendario (Nova York foi comprado aos indios por 24 dólares), aínda que agora sabemos que os lenape non coñecían concepto de propiedade territorial permanente (eran nómades), o que diminúe o alcance do xesto.
No momento da construción do forte, a guerra entre mohawk e mohicanos forza á compañía a precipitar o desprazamento dos colonos dentro de Forte Ámsterdam. A urxencia e a falta de medios (a compañía era deficitaria), carrexan unha revisión a baixa dos planos iniciais de fortificación. Confórmanse cun simple fortín rodeado dunha estacada de madeira. Un serradoiro estivo instalado na illa que se chama actualmente Governors Island. A colonia conta entón con 270 habitantes, nenos incluídos. En 1992, atopouse nos arquivos da biblioteca nacional austríaca, unha acuarela representando a colonia de Nova Ámsterdan a mediados do século XVII.
O 20 de abril de 1657, Nova Ámsterdam outorga a liberdade de culto aos xudeus. Os vinte e tres primeiros sefardís de antigas posesións neerlandesas do Brasil chegan a Nova Ámsterdam desde 1624. En 1658 é fundada a colonia de Nieuw Haarlem.
Durante a segunda guerra Anglo-Neerlandesa, que opón Inglaterra ás Provincias Unidas, os Novos Países Baixos son conquistados polos ingleses. O director xeral Peter Stuyvesant entrega Nova Ámsterdan o 24 de setembro de 1664. A colonia é rebautizada Nova York, en honra do duque de York, irmán do rei Carlos II de Inglaterra.
En 1667 os neerlandeses renuncian ás súas reivindicacións sobre esta porción do territorio americano, á firma do Tratado de Breda, e obteñen a cambio a soberanía sobre Suriname. Porén, no momento doutra guerra que opón a ingleses e neerlandeses, estes últimos recuperan brevemente a colonia en 1673 (rebautizada Nova Orange), ata que os ingleses a recuperan co tratado de Westminster, o 19 de febreiro de 1674.
A herdanza e o recoñecemento
[editar | editar a fonte]Da ocupación neerlandesa, quedan hoxe un grupo de nomes de lugares neoiorquinos, tales como Coney Island (Konijnen Eiland), Brooklyn (Breukelen), Harlem (Nieuw Haarlem), Flushing (Vlissingen) e Staten Island (Staaten Eylandt).
- A baía de Gowanus obtén o seu nome de Owanus (Ohain, pobo de Brabante valón).
- A baía de Wallabout, no norte de Brooklyn, quere dicir "baía valoa" en neerlandés (Waal bocht).
- O nome de Hoboken, en Nova Jersey, provén dun municipio de Anveres en Flandres.
- Communipaw, en Jersey City, é a contracción de Community of Pauw.
O 20 de maio de 1924, con ocasión do tricentenario da fundación de Nova York, un monumento conmemorativo foi erixido en honra dos colonos valóns, en Battery Park, no extremo meridional de Manhattan. Unha moeda de prata de 50 centavos, así como selos de correos de 1, 2 e 5 centavos emitíronse para conmemorar a chegada dos colonos valóns e flamengos.