Notícia de Fiadores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Documentos relativos a Soeiro Pais, Urraca Mendes, a súa muller, e a Paio Soares Romeu, o seu segundo fillo e Noticia de Fiadores.
Anverso do pergamiño
Anverso do pergamiño
Reverso do pergamiño
Reverso do pergamiño
O pergamiño gardado na Torre do Tombo foi usado para escribir catro documentos diferentes. A Noticia de fiadores é só o texto de tres liñas que ocupa a parte de arriba do anverso.

A Notícia de Fiadores é un pequeno texto en galego-portugués inserido nun pergamiño con outros tres documentos, conservado no Arquivo Nacional Torre do Tombo, en Lisboa.[1]

A súa datación, 1175, tórnao o posíbel candidato ao título de documento máis antigo escrito na lingua galaico-portuguesa que chegou até a actualidade, se ben o Pacto dos irmãos Pais poder ser anterior.[2]

Texto[editar | editar a fonte]

O texto rexistra os nomes dos fiadores de Paio Soares Romeu e remata cunha curta frase en galego-portugués:

Istos fiadores atan .v. annos que se partia de isto male que li avem

Isto quere dicir algo coma "Estes fiadores dentro de cinco anos esixirán o que lles debo".[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Professor encontra primeiro texto escrito em português". estadão. 2002. Consultado o 29 de maio de 2002. 
  2. Torre do Tombo. "Documentos relativos a Soeiro Pais (...) E Notícia de Fiadores". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 30 de xullo de 2015. 
  3. "Quantos anos tem a língua portuguesa?". Consultado o 30 de xullo de 2015.