Norte, Hangganan ng Kasaysayan
| Norte, Hangganan ng Kasaysayan | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
Norte, Hangganan ng Kasaysayan é un filme filipino de 2013 escrito e dirixido por Lav Diaz. Cunha duración de máis de catro horas, o filme explora temas como o crime, a clase e a familia. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2013,[1] así como no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2013, na competición oficial do Festival de Cinema de Nova York, e no Festival de Cinema Asiático de San Diego de 2013,[2] recibindo a aclamación da crítica pola súa narrativa e fotografía. O filme tamén catro premios, incluíndo o de mellor filme e mellor actriz nos Premios Gawad Urian de 2014.[3]
Tivo unha estrea limitada en Filipinas o 11 de marzo de 2014 e nos cinemas o 10 de setembro de 2014. Foi escollido como candidato de Filipinas ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4][5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Sid Lucero como Fabian
- Angeli Bayani como Eliza
- Archie Alemania como Joaquin
- Angelina Kanapi como Hoda
- Soliman Cruz como Wakwak
- Hazel Orencio como Ading
- Mae Paner como Magda
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cannes, ed. (30 de abril de 2013). "2013 Official Selection". Consultado o 30 de abril de 2013.
- ↑ "Master section 2013". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2020. Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ Gawad Urian, ed. (18 de xuño de 2014). "Urian Awards 2014". Consultado o 18 de xuño de 2014.
- ↑ The Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Philippines Select ‘Norte, The End of History’ for Foreign-Language Category". Consultado o 9 de novembro de 2015.
- ↑ Academy of Motion Picture Arts and Sciences, ed. (19 de decembro de 2014). "9 Foreign Language Films Advance in Oscar® Race". Oscars.org. Consultado o 24 de decembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Norte, Hangganan ng Kasaysayan na IMDb (en inglés).