Nocilla
Nocilla | |
Logo de nocilla | |
Tipo | Crema |
Orixe | España |
Información comercial | |
Marca | Nocilla |
Fabricante | Nutrexpa |
Distribución | España Portugal |
Período | 1967 - Presente |
Ingredientes | |
Animal | Leite |
Vexetal | Cacao Azucre Abelá |
Nocilla é unha crema de cacao de orixe española, creada no ano 1967 polo grupo Starlux. No ano 2002, Nutrexpa compra Nocilla.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 1967, o grupo Starlux inspírase na marca italiana Ferrero, creadora da crema de cacao Nutella, para crear Nocilla, a súa alternativa de España. Os seus ingredientes eran: cacao, leite, azucre e abelás. O produto presentouse naquela co slogan Que merendilla![1].
No ano 1997, os accionistas de Starlux venden Starlux ao grupo Knorr[2], á que máis tarde comprou a multinacional holandesa Unilever. Cinco anos despois, compra a marca Nutrexpa, creadora de Cola Cao. Con Nutrexpa, Nocilla pasa a ter máis sabores e empeza a venda de repostería.
Actualmente, véndese en España e Portugal.
Sabores
[editar | editar a fonte]Os sabores clásicos de Nocilla son: orixinal (crema de abelás con cacao) e dúo (crema orixinal e crema de leite). Máis tarde chegaron ao mercado novos sabores como crema de leite, crema tripla de abelás ou crema de amorodo (xa extinta). Tradicionalmente o envase era un vaso de cristal, en ocasións formando parte de coleccións creadas expresamente por coñecidos deseñadores ou debuxos animados como Doraemon[3] ou Bob Esponxa[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anuncio de Nocilla do ano 1968
- ↑ Venden Starlux a Knorr
- ↑ "Nocilla fai vasos de Doraemon". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2013. Consultado o 18 de abril de 2013.
- ↑ Nocilla fai vasos de Bob Esponxa