Nimbus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nimbus 5")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Nimbus 1.

Nimbus foi unha serie de satélites meteorolóxicos en órbita polar dos Estados Unidos.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O programa de satélites Nimbus naceu como unha iniciativa da NASA a principios dos anos 1960 para cubrir as necesidades de investigación e desenvolvemento dos científicos que estudaban a Terra. Os obxectivos do programa eran estudar a atmosfera e os oceános terrestres, desenvolver novos instrumentos e sensores para o estudo da Terra e participar en iniciativas globais de observación meteorolóxica. Lanzáronse oito satélites Nimbus, cun fallo, entre 1964 e 1978.[1]

Nimbus 1 e 2[editar | editar a fonte]

Os dous primeiros Nimbus foron lanzados en 1964 e 1966, co primeiro acadando unha órbita elíptica en lugar dunha circular por problemas coa segunda etapa do seu foguete lanzador. Estaban estabilizados nos tres eixos cun grao de precisión, cunha estrutura formada por un anel con sensores, un par de paneis solares e a caixa cos sistemas principais do satélite. Nimbus 1 levaba a bordo dúas cámaras para observar a cuberta nubosa e un radiómetro infravermello de alta resolución, mentres que Nimbus 2 levaba a mesma instrumentación máis un radiómetro infravermello adicional de media resolución.[2]

Nimbus B e 3[editar | editar a fonte]

Nimbus B era unha versión avanzada de Nimbus 1 e 2. Con casei 3,7 m de alto e 1,5 m de diámetro na base, levaba un xerador termoeléctrico de radioisótopos (RTG en inglés) para estudar o uso de enerxía nuclear en aplicacións espaciais. Nimbus B nunca chegou ao espazo ao resultar destruído o seu foguete lanzador desde terra por un problema co sistema de guiado. O RTG do satélite foi recuperado do mar e usado no Nimbus 3, idéntico ao Nimbus B.[3]

Nimbus 4[editar | editar a fonte]

Nimbus 4 mantiña a estrutura orixinal dos primeiros Nimbus, co anel de sensores, os paneis solares e a caixa cos sistemas de control. Levaba a bordo varas cámaras, radiómetros e espectrómetros para estudar a cuberta de nubes e a temperatura e o vapor de auga na atmosfera, asó como un detector ultravioleta para medir a distribución e cantidade de ozono atmosférico. Foi lanzado o 8 de abril de 1970, funcionando ata setembro de 1980.[4]

Nimbus 5[editar | editar a fonte]

Nimbus 5 foi lanzado en decembro de 1972 mediante un Delta 900. A súa instrumentación incluía radiómetros e espectrómetros para medir a temperatura e humidade da atmosfera e superficie terrestres.[5]

Nimbus 6[editar | editar a fonte]

Nimbus 6 foi lanzado o 12 de xuño de 1975 a bordo dun Delta 2910 e levaba instrumentación a bordo para estudar a temperatura e humidade da atmosfera e superficie terrestres e para estudar a conversión da enerxía do vento nos trópicos.[6]

Nimbus 7[editar | editar a fonte]

Nimbus 7 foi o último representante da serie Nimbus. Levaba instrumentación específica para estudar a estratosfera, as zonas costeiras, os aerosoles e o ozono.[7]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3][4][5][6][7] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7] Notas[1][2][3][4][5][6][7]
Nimbus 1 28 de agosto de 1964 Thor-DM21 Agena-B Fallo parcial
Nimbus 2 15 de maio de 1966 Thor-SLV2A Agena-B Éxito
Nimbus B 18 de maio de 1968 Thorad-SLV2G Agena-D Fallo
Nimbus 3 14 de abril de 1969 Thorad-SLV2G Agena-D Éxito
Nimbus 4 8 de abril de 1970 Thorad-SLV2G Agena-D Éxito
Nimbus 5 11 de decembro de 1972 Delta 900 Éxito
Nimbus 6 12 de xuño de 1975 Delta 2910 Éxito
Nimbus 7 24 de outubro de 1978 Delta 2910 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "Nimbus" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Nimbus 1, 2" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Nimbus B, 3" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Nimbus 4" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Nimbus 5" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Nimbus 6" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Nimbus 7" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]