Niklas Zennström

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNiklas Zennström

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalNiklas Mårten Zennström
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1966 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
concello de Järfälla, Suecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan
Universidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , empresario , informático teórico Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2016World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Niklas Zennström en 2005

Niklas Mårten Zennström, nado o 16 de febreiro de 1966 en Järfäll, é un empresario sueco do sector da tecnoloxía da información, cofundador con Janus Friis de Skype e dos servizos de Internet Kazaa, Joost e Rdio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou enxeñería física e administración de empresas na Universidade de Uppsala. Comezou a súa carreira profesional en 1991 no operador de telecomunicacións Tele 2, e foi tamén directivo do portal everyday.com.

Con Janus Friis fundou en 2000, Kazaa, un programa de intercambio de arquivos baseado na tecnoloxía P2P, que se converteu dous anos despois no software máis descargado do mundo.[1] Xuntos tamén estableceron en 2003 Skype, un programa que utiliza a teconoloxía VoIP, e que mercou EBay en 2005 por 2'6 mil millóns de dólares. Zennström permaneceu como director executivo de Skype ata outubro de 2007, porén un ano antes, en 2006 fundou a empresa de investimento, Atomico centrada no sector da tecnoloxía.

Zennström é un recoñecido regatista[2] que navega iates das clases TP 52 e 72 mini e maxi. Co Rán II gañou a Fastnet Race en 2009 e 2011. Tamén gañou na súa clase na Regata Sydney-Hobart en 2009 e 2010 e o Campionato do Mundo 72 Mini Maxi en 2010, 2011 e 2013. Co máis pequeno Rán IV gañou en 2013 o Campionato do Mundo TP52.

Notas[editar | editar a fonte]