Nikita Ilitch Tolstoi
Nikita Iljič Tolstoi, nado en Vrsac o 15 de abril de 1923 e finado en Moscova o 27 de xuño de 1996, foi un lingüista e eslavista ruso, gañador do premio Demidov de 1994 [1] e bisneto de Lev Tolstoi
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Iugoslavia, estudou na súa localidade natal e no primeiro instituto de secundaria serbio-ruso para fillos de emigrantes rusos, época sobre a que escribiu unhas memorias [2]. En 1941-1944, participou no movemento partisano en Serbia e de 1944-1945 loitou en Hungría e Austria[3] na segunda guerra mundial como parte do Exército Vermello.
En 1945 volveu á URSS cos seus pais, ingresou na facultade de filoloxía da Universidade Estatal de Moscova, especializándose en lingua e literatura búlgara. Realizou a súa tese baixo a dirección do académico V.V. Vinogradov e logo ensinou no Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova (1952-1956). En 1954 realizou a tesiña "Kratkie i polnye formy prilagatelnykh v staroslavyanskom iazyke" e en 1972 defendeu a súa tese de doutoramento "Opyt semanticheskogo analiza slavianskoii geograficheskoii terminologii".
Traballou no Instituto de Estudos Eslavos e Balcánicos da Academia de Ciencias da URSS, e alí dende 1977 dirixiu o grupo de etnolingüística e folclore; dende 1968 deu clases na Universidade Estatal de Moscova, a partir de 1976 como profesor titular. Foi redactor xefe adxunto da revista Sovetskoe Slavyanovedeniye (1965-1987) e editor de Voprosy Iazykoznaniya (1969-1970). Membro correspondente da Academia de Ciencias da URSS dende o 26 de decembro de 1984 no Departamento de Literatura e Lingua, e académico dende o 23 de decembro de 1987 e mais tamén foi membro do Presidium da Academia Rusa de Ciencias (1992-1996). Encabezou o grupo soviético, e logo o comité ruso de estudos eslavos (1986-1996).
N. I. Tolstoi foi o fundador da etnolingüística soviética. Nos anos 50 estudou dialectos búlgaros en Basarabia, o mar de Azov e mais Bulgaria. Creou a súa propia escola científica etnolingüística, baseada nun enorme material de campo recollido nas expedicións dialectolóxicas e etnográficas en Polesia [4], e alí dirixiu persoalmente expedicións entre 1962 e 1986. Ademais deu inicio a creación do dicionario Славянские древности.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Работы фотохудожника Сергея Новикова. Альбом лауреатов Демидовской премии.
- ↑ Толстой И. В., Светана-Толстая С. В. Пути и судьбы. Из семейной хроники. — М.: Икар; Факультет журналистики МГУ. 2000 ISBN 5-7974-0017-0 ISBN 5-7776-0007-7
- ↑ ""Nikita Tolstoj: Rus kojem je Srbija bila domovina, a Rusija otadžbina". Sputnik, 1 de setembro de 2018". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2019. Consultado o 13 de outubro de 2019.
- ↑ Гребенюк В. П. Памяти Никиты Ильича Толстого Arquivado 16 de marzo de 2012 en Wayback Machine. // Вестник РГНФ. — 1996 — № 3.