NigeriaSat X

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NigeriaSat X / NX
TipoSatélite artificial
OrganizaciónNASRDA
Data de lanzamento17 de agosto de 2011[1][2][3]
Foguete portadorDnepr[2][4]
Sitio de lanzamentoBase aérea de Dombarovski[2][4][5]
Obxectivo da misiónTecnolóxico, observación terrestre.[2][4][5]
NSSDC ID2011-044C
Masa100 kg[2]
Datos orbitais
Semieixo maior7074 km[1]
Inclinación97,8°[1]
Apoapse711,2 km[1]
Periapse695,1 km[1]

NigeriaSat X ou NX é un satélite artificial de Nixeria lanzado o 17 de agosto de 2011 mediante un foguete Dnepr desde a base aérea de Dombarovski.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

NigeriaSat X é un satélite de 100 kg de masa baseado no bus SSTL-100 pertencente á axencia gubarnamental nixeriana NASRDA. A súa misión é servir de adestramento para os enxeñeiros nixerianos na construción de satélites e observar a Terra cunha cámara triespectral cunha resolución de 22 m, formando parte da Constelación de Monitorización de Desastres, unha rede mundial de pequenos satélites para asistir en desastres naturais e monitorizar os cambios medioambientais. O satélite foi construído por 26 enxeñeiros nixerianos baixo a guía do fabricante Surrey Satellite Technology Ltd. As comunicacións co satélite teñen lugar en banda S (telemetría, seguimento e comandos) e banda X (envío de datos desde o satélite).[1][2][4][5][6]

O único instrumento a bordo de NigeriaSat X é a cámara triespectral SLIM6 (Surrey Linear Imager - 6 channel), unha cámara de barrido para lonxitudes de onda no visible e no infravermello próximo que permite medir o albedo da superficie terrestre e imaxes da terra e da cobertura vexetal. [1][2][4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "NIGERIASAT X" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "NuSTAR" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2023. 
  3. "Note verbale dated 20 June 2014 from the Permanent Mission of Nigeria to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (14-04406 (E)). 1 de xullo de 2014: 3. Consultado o 28 de agosto de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "NX (NigeriaSat X)" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2023). "NX" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2023. 
  6. 6,0 6,1 ESA (1 de xuño de 2012). "NigeriaSat-X" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]