Niclosamida
A niclosamida é un fármaco antihelmíntico (afecta aos vermes) especialmente efectivo contra os vermes cestodos que infectan aos humanos, como as tenias. Tamén se usa como piscicida (mata peixes)[3] e ultimamente como moluscocida para o tratamento de augas en programas de control da esquistosomíase[4]. Aínda que pertence á familia dos antihelmínticos o seu uso específico é para tratar as infestacións por cestodos como as tenias, xa que non é efectivo contra outro tipo de vermes como os nematodos. Preséntase como unha tableta mastigable que se toma por vía oral, e a dose depende dotipo de verme e a idade e peso do paciente.
Mecanismo de acción
[editar | editar a fonte]A niclosamida desacopla a fosforilación oxidativa no verme.[5]
Efectos secundarios
[editar | editar a fonte]Este fármaco pode ter efectos secundarios como dor abdominal, anorexia, diarrea, e vómitos. Raramente, mareos, erupcións na pel, somnolencia, proído perianal, e sabor desagradable.
Eficacia potencial contra o cancro de colon
[editar | editar a fonte]A niclosamida mostrou capacidade de inhibir a extensión do cancro de colon en estudos con animais. A droga funciona bloqueando a expresión do xene S100A4/metastasina, que pode promover a metástase do cancro de colon, e afecta a diversas vías de sinalización celular.[4][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ChemSpider - Niclosamide". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2013.
- ↑ PubChem compound - Niclosamide
- ↑ Schreier TM, Dawson VK, Choi Y, Spanjers NJ, Boogaard MA. Determination of niclosamide residues in rainbow trout (Oncorhynchus mykiss) and channel catfish (Ictalurus punctatus) fillet tissue by high-performance liquid chromatography. J Agric Food Chem. 2000 Jun;48(6):2212-5. PMID 10888524. [1]
- ↑ 4,0 4,1 Pan JX, Ding K, Wang CY. Niclosamide, an old antihelminthic agent, demonstrates antitumor activity by blocking multiple signaling pathways of cancer stem cells. Chin J Cancer. 2012 Apr;31(4):178-84. doi: 10.5732/cjc.011.10290. Epub 2012 Jan 9. Review. PMID 22237038. [2]
- ↑ Weinbach EC, Garbus J (1969). "Mechanism of action of reagents that uncouple oxidative phosphorylation". Nature 221 (5185): 1016–8. PMID 4180173. doi:10.1038/2211016a0.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2013.
- Taber, Clarence Wilbur; Venes, Donald; Thomas, Clayton L. (2001). Taber's cyclopedic medical dictionary. Philadelphia: F.A.Davis Co.
- Additional Medication Information:Medline
- http://www.drugs.com/cons/Niclosamide.html