Nervio torácico longo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nervio torácico longo

O nervio torácico longo é un nervio do membro superior humano. Orixínase das pólas anteriores de C5 a C7. Descende verticalmente polo pescozo, atravesando a entrada da axila, e descende pola parede medial da mesma, para innervar o músculo serrato anterior. Sitúase na parte máis superficial do músculo.