Nervio cutáneo medial do antebrazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Área de innervación do nervio cutáneo medial do antebrazo

O nervio cutáneo medial do antebrazo ou cutáneo antebraquial medial é un nervio do membro superior humano.

Características[editar | editar a fonte]

Deriva dunha póla do fascículo medial do plexo braquial. Sae da axila e chega ao brazo, onde dá unha póla para a pel situada sobre o músculo bíceps braquial. Despois continúa descendendo polo brazo para furar a fascia fonda xunto coa vea basílica e dirixirse inferiormente para innervar a pel situada sobre a superficie anterior do antebrazo. Innerva a pel da superficie medial do antebrazo ata o pulso.