Neixón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Neixón é un enclave do lugar de Nine, na parroquia de Cespón, pertencente ao concello de Boiro. Punta Neixón é unha pequena península da beira norte da ría de Arousa.

Nela sitúanse os castros de Punta Neixón (a carón dos cales se instalou o Centro Arqueolóxico do Barbanza) e a praia das Postas. Desde alí vese parte da ría, así como as vilas de Rianxo ou Taragoña.

No segundo domingo de agosto celébrase a romaría de Neixón.