Necrópole de San Mamede

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°22′13″N 7°52′42″O / 42.3703802955, -7.87842705846 A necrópole de San Mamede é unha necrópole altomedieval situada en Vilar de Astrés[1].

Características[editar | editar a fonte]

Sitúase a carón do camiño que vai desde Reza Vella cara aos Chaos de Amoeiro, parte da vía que ligaba Ourense con Iria Flavia e Lucus Augusti.

Está formada por catro tumbas antropomorfas, escavadas nunha rocha, cun rebaixe de entre 8 e 10 cm para a tampa. Hai restos doutras tumbas, que quedaron destruídas pola extracción de pedra para a cantaría.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrópole de San Mamede na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]