Nebojša Gudelj

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nebojša Gudelj
Información persoal
Nacemento 23 de setembro de 1968
Lugar de nacemento Trebinje
Altura 182 centímetros
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

Nebojša Gudelj, nado o 23 de setembro de 1968 en Trebinje é un exfutbolista bosníaco que xogaba na demarcación de defensa e centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no club da súa vila natal, o Leotar Treblinje, na Segunda División de Iugoslavia e en 1991 ficha por un dos grandes da liga do país, o Partizan de Belgrado, co que gaña o campionato da tempada 1993-94.

Ao ano seguinte ficha polo CD Logroñés da Liga Española, pero non consegue facerse cun oco no equipo e tras dúas tempadas deixa o equipo. No ano 1996 ficha polo CD Leganés, onde militaría outra tempada.

Trala experiencia na Liga Española viaxa aos Países Baixos onde militou oito tempadas no NAC Breda e se retirou no Sparta Rotterdam no ano 2005.

O seu fillo, Nemanja Gudelj, tamén é futbolista e actualmente milita no NAC Breda e é internacional coa selección de Serbia sub-21.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]