Pobos indíxenas de Taiwán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nativos taiwaneses»)
Pobos indíxenas de Taiwán
Muller indíxena de Taiwán en 1932.
Poboación
Poboación total:
530 000
Rexións principais:
Taiwán2,3% da poboación
Aspectos culturais
LinguaAtayal, bunun, amis, paiwan e outras linguas formosanas, mandarín de Taiwán e hokkien de Taiwán
RelixiónMaioría cristiá
Minoría animista[1]
Grupos
relacionados
Pobos austronesios

Os pobos indíxenas de Taiwán, ou antigamente aborixes taiwaneses, taiwaneses austronesios[2][3] ou gaoshan,[4] son os pobos indíxenas de Taiwán, cuxo número é de 530 000 ou o 2,3% da poboación da illa. A súa cifra pode chegar a máis de 800 000 persoas, considerando o potencial recoñecemento oficial nun futuro dos pobos indíxenas das chairas. Investigacións recentes suxiren que os seus devanceiros puideron ter vivido en Taiwán durante aproximadamente 5 500 anos en relativo illamento antes da primeira migración de chineses han a comezos do século XVII.[5] Os indíxenas taiwaneses son pobos austronesios, con vencellos lingüísticos e xenéticos con outros pobos austronesios.[6] Outros grupos étnicos relacionados son os polinesios, a maioría dos pobos de Filipinas, Indonesia, Malaisia e Brunei, entre outros.

Lista de pobos[editar | editar a fonte]

Recoñecidos pola República da China:

Mapa mostrando a distribución tradicional dos nativos taiwaneses.

Non recoñecidos:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stainton, Michael (2002). "Presbyterians and the Aboriginal Revitalization Movement in Taiwan". Cultural Survival Quarterly 26.2, 5 de maio de 2010. Consultado o 3 de decembro de 2014.
  2. Rigger, Shelley (2013). Why Taiwan Matters: Small Island, Global Powerhouse. Rowman & Littlefield. 
  3. "One Island, Twenty Tongues". Ketagalan Media. 3 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2017. Consultado o 6 de maio de 2017. 
  4. Hattaway (2003), pp. 39, 93, 425.
  5. Blust (1999).
  6. Trejaut, Jean A.; Poloni, Estella S.; Yen, Ju-Chen; Lai, Ying-Hui; Loo, Jun-Hun; Lee, Chien-Liang; He, Chun-Lin; Lin, Marie (1 de xaneiro de 2014). "Taiwan Y-chromosomal DNA variation and its relationship with Island Southeast Asia". BMC Genetics 15: 77. ISSN 1471-2156. PMC 4083334. PMID 24965575. doi:10.1186/1471-2156-15-77. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]