Natalia Costas Lago
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira ![]() |
![]() |
Natalia Costas Lago é enxeñeira de Telecomunicacións e dende 2004 traballa como Técnico Superior de Comunicacións para o Centro de Supercomputación de Galicia.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natalia Costas é enxeñeira de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e mestrado en Seguridade da Información pola Universidade de Deusto. Tivo contacto coa informática dende pequena grazas a súa familia.[2] Dende 2004 traballa no Centro de Supercomputación de Galicia, no mantemento e operación da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e dos servizos TIC.[1] Colaborou, achegando coñecemento nas áreas de comunicacións e de infraestruturas e servizos de altas prestacións, en proxectos de innovación como SIGAIM, PASITO, Nuba ou MHScaE.[1]
Está involucrada en iniciativas que promoven a presenza das mulleres nas TIC, como o programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "MULLERES TECNOLÓXICAS". Agasol. Consultado o 2020-12-23.
- ↑ 2,0 2,1 "Natalia Costas". MujeresEnRedIRIS. Arquivado dende o orixinal o 08-05-2021. Consultado o 23-12-2020.
- ↑ "Unha enxeñeira ou científica en cada cole - - USC". www.usc.gal. Consultado o 2020-12-18.