Natalia Junquera
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | decembro de 1981 (42 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Natalia Junquera Añón, nada na Coruña en decembro[1] de 1981, é unha xornalista e escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Xornalismo, e fixo un mestrado de xornalismo na Universidade Autónoma de Madrid, coa esponsorización do xornal El País. Traballou como xornalista na radio (Cadena SER), na televisión (Antena 3)[2] e especialmente en prensa escrita, inicialmente en La Voz de Galicia e desde 2006 en El País.
Algunhas das súas principais investigacións viran ao redor da memoria: as vítimas do franquismo e as tramas de nenos roubados da España das décadas do sesenta e setenta.
Obra
[editar | editar a fonte]- Vidas robadas (Aguilar, 2011)
- Valientes. El relato de las víctimas del franquismo y de los que les sobrevivieron (Aguilar, 2013). Con prólogo de Baltasar Garzón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Natalia Junquera". Natalia Junquera (en castelán). Consultado o 2021-04-28.
- ↑ "Natalia Junquera". Traficantes. Consultado o 28/4/2021.