Nanohaloarchaeota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nanohaloarchaeota
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Filo: Candidatus "Nanohaloarchaeota"Rinke et al 2013
Clase: Nanohaloarchaea
Xéneros

As nanohaloarqueotas (Nanohaloarcheota) son un novo filo candidato do dominio das arqueas. Son arqueas de pequeno tamaño hiperhalófilas, que viven en lagos hipersalinos. A reconstrución por ensamblaxe metaxenómica de moitas librarías secuenciadas por análise filoxenética multilocus das augas hipersalinas do lago Tyrrell en Australia de mostras de xenomas arqueanos, levou a crear o grupo das Nanohaloarchaea (nanohaloarqueas), ás que inicialmente se lles deu categoría de clase dentro das Euryarchaeota.[1][2] Análises máis detallados posteriores fixeron que foran propostas como un filo separado, as Nanohaloarchaeota, que comprenderían a única clase das Nanohaloarchaea.[3] As Nanohaloarchaeota forman parte do clado DPANN, xunto cos novos filos candidatos Diapherotrites, Parvarchaeota, Aenigmarchaeota, e Nanoarchaeota, cuxas iniciais forman o acrónimo DPANN.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Narasingarao; et al. (2011). "De novo metagenomic assembly reveals abundant novel major lineage of Archaea in hypersaline microbial communities". ISME J. 6 (1): 81–93. PMC 3246234. PMID 21716304. doi:10.1038/ismej.2011.78. 
  2. Ghai, Rohit; Lejla Pašić, Ana Beatriz Fernandez, Ana-Belen Martin-Cuadrado, Carolina Megumi Mizuno, Katherine D. McMahon, R. Thane Papke, Ramunas Stepanauskas, Beltran Rodriguez-Brito, Forest Rohwer, Cristina Sanchez-Porro, Antonio Ventosa, Francisco Rodriguez-Valera (10 October 2011). "New Abundant Microbial Groups in Aquatic Hypersaline Environments". Scientific Reports 1. PMID 22355652. doi:10.1038/srep00135. 
  3. UniProt Taxonomy. Nanohaloarchaea
  4. Christian Rinke, Patrick Schwientek, Alexander Sczyrba, Natalia N. Ivanova, Iain J. Anderson, Jan-Fang Cheng, Aaron Darling, Stephanie Malfatti, Brandon K. Swan, Esther A. Gies, Jeremy A. Dodsworth, Brian P. Hedlund, George Tsiamis, Stefan M. Sievert, Wen-Tso Liu, Jonathan A. Eisen, Steven J. Hallam, Nikos C. Kyrpides, Ramunas Stepanauskas, Edward M. Rubin, Philip Hugenholtz, e Tanja Woyke. Insights into the phylogeny and coding potential of microbial dark matter. Nature. Volume:499, Pages: 431–437. Date published: (25 July 2013). DOI: doi:10.1038/nature12352. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bases de datos científicas[editar | editar a fonte]