Diapherotrites

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diapherotrites
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Filo: Candidatus "Diapherotrites" Rinke et al 2013
Xéneros
  • "Candidatus Iainarchaeum"

Diapherotrites é un novo filo[1] candidato de microorganismos do dominio das arqueas. Un nome sinónimo é División candidata DUSEL3 (iniciais de Deep Underground Science and Engineering Laboratory de Soudan, Minnesota). As Diapherorites forman parte do clado DPANN, xunto cos novos filos candidatos Parvarchaeota, Aenigmarchaeota, Nanohaloarchaeota e Nanoarchaeota, cuxas iniciais forman o acrónimo DPANN.[2] A análise de tres xenomas de célula única recollidos en minas permitiron avaliar o metabolismo e ecoloxía deste filo. As súas capacidades catabólicas son limitadas, pero poden levar unha vida libre, transformando ribosa, polihidroxibutirato, e algúns aminoácidos en acetil-CoA, pero son auxotróficas para varios aminoácidos e cofactores. O seu xenoma presenta para moitos xenes anabólicos signos de transferencia horizontal de xenes desde o dominio das bacterias.[3] Comprende o xénero candidato Iainarchaeum, coa especie Iainarchaeum andersonii.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. UniProt Taxonomy Diapherotrites Arquivado 12 de agosto de 2014 en Wayback Machine.
  2. Christian Rinke, Patrick Schwientek, Alexander Sczyrba, Natalia N. Ivanova, Iain J. Anderson, Jan-Fang Cheng, Aaron Darling, Stephanie Malfatti, Brandon K. Swan, Esther A. Gies, Jeremy A. Dodsworth, Brian P. Hedlund, George Tsiamis, Stefan M. Sievert, Wen-Tso Liu, Jonathan A. Eisen, Steven J. Hallam, Nikos C. Kyrpides, Ramunas Stepanauskas, Edward M. Rubin, Philip Hugenholtz, e Tanja Woyke. Insights into the phylogeny and coding potential of microbial dark matter. Nature. Volume:499, Pages: 431–437. Date published: (25 July 2013). DOI: doi:10.1038/nature12352. [1]
  3. N. Youssef, C. Rinke, R. Stepanaukas, M. S. Elshahed, T. Woyke. Insights into the Metabolic Capacities, Lifestyle Preferences, and Putative Evolutionary History of the Novel Archaeal Phylum Diapherotrites using Single Cell Genomics. [2] Arquivado 15 de agosto de 2014 en Wayback Machine.
  4. NCBI Taxonomy Iainarchaeum andersonii.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bases de datos científicas[editar | editar a fonte]