Nanayya
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | Tanuku
|
| Morte | Rajahmundry
|
| Relixión | Hinduísmo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Telugu literature (en) |
| Ocupación | poeta, escritor |
| Pseudónimo literario | Nannaya |
| Obra | |
Obras destacables
| |
Nanayya (en telugú నన్నయ్య), foi un escritor telugú do século XI. Considerado o primeiro poeta en telugú [1] e autor da parte máis antiga e meirande de Andhra Mahabharatam, a versión telugúa do Mahabharatam.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nanayya era poeta da corte e mais tamén conselleiro e mestre do rei Rajaraja Narendra da dinastía chalukia oriental e foi este quen lle pediu que traducise o Mahabharatam ao telugú, tomou moito empeño en facelo, procurou no vocabulario do telugú para incorporar o léxico que cría máis apropiado, incorporou características da tradución kannada xa moi arraigada e mantivo moito léxico do orixinal sánscrito. Así desenvolveu un estilo literario, métrico e gramatical característico que se converteu no paradigma da poesía clásica telugúa[1]. Pero non foi unha simple tradución, sempre mantendo a liña da historia orixinal creou a súa propia versión dos 142 versos dos captítulos Aadi, Sabha e Aranya que levou ao telugú. En sánscrito escribiu a primeira gramática da lingua telugúa Andhra Shabda Chintamani.