Naloxona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A naloxona é un fármaco antagonista dos receptores opioides, moi usado no tratamento da intoxicación aguda por opiáceos.

Para tratar a toxicidade por opiáceos en adultos, indícanse usualmente (por vía IV, IM ou subcutánea) 0,01 mg/kg ou ben 0,4 mg (400 mcg) como dose única. Porén, a posoloxía debe ser individualizada para cada paciente en particular.

Na depresión por opiáceos utilízanse (por vía IV) entre 0,1 e 0,2 mg (a intervalos de 2 a 3 minutos, ata conseguir ventilación e estado de conciencia adecuados, sen dor significativa). As doses pediátricas (en neonatos) fornécense a través da vea umbilical, ou ben por vía IM ou subcutánea, e roldan os 10 mcg/kg (0,025 ml/kg de peso).

A naloxona prescríbese tamén por vía oral (en combinación con pentazocina) para aliviar a dor moderada a intenso.