Nación (filme)
Nación | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Nación |
Director | Margarita Ledo Andión |
Guión | Margarita Ledo Andión |
Intérpretes | Mónica Camaño Nieves Pérez Lusquiños Xoana Pintos |
Música | Mercedes Peón |
Fotografía | Alberte Branco |
Montaxe | Marcos Flórez NUMAX |
Estrea | Festival de Sevilla: 9 de novembro de 2020 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Documental |
Recadación | 19.834,38 €[1] |
Na rede | |
https://nacion-film.gal/web1.0/ | |
|
Nación é un filme galego de 2020 dirixido por Margarita Ledo Andión e rodado en lingua galega. Estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o 9 de novembro de 2020.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Conta a loita das operarias da fábrica de cerámica A Pontesa (que pechou en 2001 en Ponte Sampaio, Pontevedra) que mestura arquivo documental con testemuños destas mulleres e escenas ficcionadas.
Galardóns e recoñecementos
[editar | editar a fonte]O filme conseguiu o Premio Especial á mellor dirección dun filme español que teña a súa estrea nacional ou mundial, no Festival de Cinema Europeo de Sevilla 2020. Tamén conseguiu o distintivo “especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero” que outorga o Instituto de la Cinematografía y Artes Audiovisuales (ICAA) para os filmes que se distribúen comercialmente en salas.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Nación". Consultado o 26 de outubro de 2022.
- ↑ "Nación de Margarita Ledo, a loita obreira desde a perspectiva das mulleres. Academia Galega do Audiovisual". Consultado o 24 de abril de 2021.
- ↑ "A cineasta galega Margarita Ledo premiada no Festival de Sevilla por 'Nación'". Galicia Confidencial. Consultado o 25 de abril de 2021.