Saltar ao contido

Nacho Fernández Goberna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNacho Fernández Goberna
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiPahiño Editar o valor en Wikidata
IrmánsPatricia Fernández Goberna Editar o valor en Wikidata

Discogs: 1327081 Editar o valor en Wikidata

Ignacio Luis Fernández Goberna, nado en Donostia o 30 de xullo de 1964, é un cantante, guitarrista e compositor español, coñecido principalmente por formar parte entre 1985 e 1993 do dúo La Dama se Esconde.

É fillo do histórico futbolista galego Pahiño e irmán máis novo de Patricia Fernández Goberna, cantante de Trigo Limpio, e participante no Festival de Eurovisión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio donostiarra de Gros,[1] sendo fillo de Pahiño, histórico futbolista de Celta de Vigo, Real Madrid e Deportivo da Coruña, e de Inés Goberna.[2] Seu tío Eduardo Goberna foi tamén futbolista do Deportivo da Coruña.[3]

Mentres estudaba no colexio xesuíta de Donostia,[1] formou xunto a tres compañeiros (Ignacio Valencia, Juan José Mourlanch e José Manuel Gandasegui) o grupo Agrimensor K.[4] Tomaron o nome do protagonista da novela O castelo de Franz Kafka. Con este grupo gravou dous discos editados por DRO: Principio y fin (1982) e ¿Juegas al escondite? (1983).[5]

Unha vez disolto Agrimensor K, Goberna e Valencia formaron La Dama se Esconde e marcharon a Madrid. O grupo estivo activo ata 1993, publicando case un disco por ano.[5] Tras a disolución deste, Nacho F. Goberna publicou dous discos en solitario, Transparente (2002) e Un bosque de té verde (2010).[1]

En 2013 creou xunto á súa parella a revista cultural Lecturas Sumergidas.[5]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Agrimensor K

[editar | editar a fonte]
  • Principio y fin (1982)
  • ¿Juegas al escondite? (1983)

La Dama se Esconde

[editar | editar a fonte]
  • Avestruces (1985)
  • Armarios y camas (1986)
  • La tierra de los sueños (1987)
  • Coge el viento (1989)
  • Lejos del puerto (1990)
  • De colores, tu color (1992)
  • Hoy (1993)
  • Lo mejor (1999)
  • Una habitación llena de pájaros (1985) (2011)
  • Después de Hoy y antes de Mañana (1993-1995) (2011)
  • Las demos de 12 canciones que fueron publicadas (1985-1993) (2011)

En solitario

[editar | editar a fonte]
  • Transparente (2002)
  • Un bosque de té verde (2010)
  1. 1,0 1,1 1,2 Cubillo, Óscar (30 de xullo de2010). "Para viajar con los ojos cerrados" (en castelán). Consultado o 24 de maio de 2021. 
  2. "Fallece Pahíño, el gran rebelde del fútbol español". Faro de Vigo (en castelán). 13 de xuño de 2012. Consultado o 24 de maio de 2021. 
  3. "Pahiño, en La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xullo de 1957. p. 4. 
  4. "Biografía de Agrimensor K". lafonoteca.net. Consultado o 24 de maio de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Entrevista: Nacho Goberna- La Dama Se Esconde" (en castelán). 10 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]