La Dama se Esconde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
La Dama se Esconde
OrixeDonostia, País Vasco País Vasco
Período1985 - 1993
Xénero(s)Pop
Selo(s) discográfico(s)DRO/GASA
MembrosNacho F. Goberna
Ignacio Valencia

La Dama se Esconde foi un dúo musical de pop español formado por Nacho F. Goberna e Ignacio Valencia.

Historia[editar | editar a fonte]

Procedentes de Donostia, as orixes de La Dama se Esconde están en Agrimensor K, un dos grupos máis destacados de entre os que apareceron a principios dos anos 80 no País Vasco. Pertencente á onda sinistra, estaba formado por Nacho F. Goberna, Ignacio Valencia e o batería José Manuel Gandasegui. Gravaron dous discos editados por DRO, Principio y fin (1982) e ¿Juegas al escondite? (1983).

Unha vez disolto Agrimensor K, Goberna e Valencia formaron La Dama se Esconde e marcharon a Madrid. Os seus dous primeiros temas, "Un avestruz" e "El cielo azul", foron incluídos no álbum colectivo La única alternativa, co que DRO/GASA pretendía dar a coñecer novos grupos. A crítica valorou estas cancións como o máis destacado do álbum.

En 1985, ano no que os tamén donostiarras Duncan Dhu gravaron o seu primeiro álbum, La Dama se Esconde gravou con DRO/GASA Avestruces, un mini-LP producido por Paco Trindad. Un ano despois editaron Armarios y camas, producido polo propio Nacho Goberna. As letras das súas cancións, con descricións de paisaxes afastadas, reflicten aínda a escuridade das súas primeiras composicións. Músicos como Suso Saiz ou Javier Paxariño colaboraron nestes traballos, nos que combinaban bases electrónicas con guitarras acústicas.

Tras deixar GASA en 1986, pasaron á multinacional Warner, coa que editaron os seus restantes discos. Déronse a coñecer ao gran público e pasaron a un estilo máis comercial, con maior presenza de guitarras eléctricas nas súas cancións. Obtiveron os seus maiores éxitos con La tierra de los sueños, Coge el viento, álbum no que probaron con ritmos de baile, e Lejos del puerto.

Os seus dous últimos traballos, De colores, tu color e Hoy, non tiveron a repercusión dos anteriores. En 1995 gravaron o que sería o seu último tema, “A años luz”, que se editou nun recompilatorio en 1999.

En 2011 e conmemorando os 25 anos desde a edición do disco "Armarios y camas" (1986) editáronse baixo subscrición tres novos álbums inéditos de La Dama se Esconde integrados por cancións xamais antes publicadas.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 1985 Avestruces (DRO/GASA)
  • 1986 Armarios y camas (DRO/GASA)
  • 1987 La tierra de los sueños (Warner)
  • 1989 Coge el viento (Warner)
  • 1990 Lejos del puerto (Warner)
  • 1992 De colores, tu color (Warner)
  • 1993 Hoy (Warner)
  • 1999 Lo mejor (Warner)
  • 2011 Una habitación llena de pájaros (1985) (nachogoberna.com)
  • 2011 Después de Hoy y antes de Mañana (1993-1995) (nachogoberna.com)
  • 2011 Las demos de 12 canciones que fueron publicadas (1985-1993) (nachogoberna.com)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Disco inédito de La Dama se Esconde" (en castelán). 13 de xuño de 2011. Consultado o 23 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Varios autores (2000). Pop español. Volumen 2. Años 80 y 90. España: Ediciones Orbis. pp. 106–107. ISBN 84-402-2495-8. 
  • Varios autores (2000). Pop español. El pop español de la «A» a la «Z». España: Ediciones Orbis. p. 57. ISBN 84-402-2509-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]