Saltar ao contido

Nacerá unha bruxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nacerá unha bruxa
Portada en Weird Tales.
Título orixinalA Witch Shall Be Born
Autor/aRobert E. Howard
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
ColecciónConan o bárbaro
Xénero(s)Conto
Editorial Rural Publishing Corporation
Galicia Urco Editora
Data de pub. 1934
Galicia 2012
FormatoTapas duras e brandas
ISBNISBN 978-84-938558-4-0
TraduciónTomás González Ahola
editar datos en Wikidata ]

Nacerá unha bruxa (titulado orixinalmente en inglés A Witch Shall Be Born) é un dos relatos orixinais que Robert E. Howard escribiu para a súa personaxe de espada e bruxaría, Conan o bárbaro. Escrito e publicado en 1934 na revista Weird Tales o relato trata dunha bruxa que substitúe á súa irmá xemelga como raíña dunha cidade-estado, o que a fai entrar en conflito con Conan, quen até entón fora o capitán da garda da raíña. Temas da paranoia e a dualidade das irmás xemelgas son de suma importancia nesta historia, pero tamén a teñen elementos do conflito entre a barbarie e a civilización, unha temática común a todas as historias de Conan.

Foi traducido ó galego por Tomás González Ahola e foi publicado dentro da colección "Conan II" de Urco Editora no ano 2012.[1]

  1. Urco Editora (ed.). "Conan II en Urco Editora". Consultado o 9 de outubro de 2018.