Nó de Salomón
O nó de Salomón (Latín sigillum Salomonis) é o nome común dun motivo decorativo tradicional utilizado desde a antigüidade, e que foi adoptado por numerosas culturas. A pesar do seu nome, en realidade clasifícase coma un elo, xa que non é un nó verdadeiro de acordo coas definicións da teoría matemática dos nós.
Estrutura
[editar | editar a fonte]O nó de Salomón está formado por dous lazos pechados, os cales se atopan dúas veces entrelazados de maneira intercalada. É dicir, se o colocamos sobre unha superficie plana, o nó de Salomón posúe catro cruces nas cales os dous lazos entrelázanse por debaixo e por encima do outro (en contraposición coas dúas cruces que posúe o elo de Hopf).
Na maioría das representacións artísticas, as partes dos lazos que se cruzan de forma alternativa son os lados dun cadrado central, mentres que os catro lóbulos esténdense cara a fóra nas catro direccións. Os catro lóbulos poden ter forma oval, cadrada, ou triangular, ou poden ter extremos en forma de formas libres tales como follas, ás, lóbulos etc.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nó de Salomón |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lóbulo (arquitectura)
- Esvástica
- Elo de Whitehead
- Magistri Comacini
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bain, George. Celtic Art: The Methods of Construction. New York: Dover Publications, 1951, 1973, ISBN 0-486-22923-8, 9780486229232. (Exemplos e historia do nó de Salomon con diferentes variacións, pp. 27, 59, 71, 87.)
- Bronze Age Civilization of Central Asia, The: Recent Soviet Discoveries. Armonk, Nova York: M.E. Sharpe, 1981. (Exemplos antigos do nó de Salomon do asentamento Gonur 1, figura 4, p. 233.)
- Chen, Lydia. Chinese Knotting. Taiwan: Echo Publishing Company, 1981, ISBN 0-8048-1389-2. (Instrucións para crear un nó de Salomón "plano", p. 58.)
- Christie's Catalog: The Erlenmeyer Collection of Ancient Near Eastern Stamp Seals and Amulets. Londres: Christie, Manson & Woods, poxa do 6 de xuño de 1989. (Selo de pedra labrado con cruz entrelazada, Ubaid, circa 4500 BCE, Lot 185.)
- Fraser, Douglas e Herbert M. Cole, eds. African Art and Leadership. Madison, Milwaukee, e Londres: University of Wisconsin Press, 1972.
- Cole, Ibo Art and Authority, p. 85.
- Fraser: Symbols of Ashanti Kingship, pp. 143–144.
- Fraser: King’s ceremonial stool, personal choices of various African leaders, p,209, p. 215, p. 283, p. 290, p. 318
- Fraser: More attention should be paid to the significance of the Solomon’s Knot motif, p. 318.
- Laine, Daniel. African Kings. Berkeley, Toronto: Ten Speed Press, 1991, ISBN 1-58008-272-6. (Two Nigerian chiefs, Oba Oyebade Lipede and Alake of Abeokuta, wear garments with embroidered Solomon’s Knots, p. 63.)
- Lusini, Aldo. The Cathedral of Sienna. Sienna, Italy: 1950. (The choir stall, carved 1363 to 1425: photographs of stalls showing variations of Solomon’s Knot, plate 49, pp. 20–21.)
- Wolpert, Stuart. “UCLA Chemists Make Molecular Rings in the Shape of King Solomon’s Knot, a Symbol of Wisdom,” News release from the University of California nos Ánxeles, 10 de xaneiro de 2007, http://www.newsroom.ucla.edu/portal/ucla/UCLA-Chemists-Make-Molecular-Rings-7626.aspx?RelNum=7626.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Un estudo detallado sobre o Nó de Salomón é Seeing Solomon’s Knot, With Photographs by Joel Lipton de Lois Rose Rose, Os Ánxeles, 2005 (sitio web oficial https://web.archive.org/web/20160310205443/http://stoneandscott.com/solomonsknot.asp).
- L4a1 knot-theoretic link Arquivado 08 de abril de 2016 en Wayback Machine. no sitio Knot atlas