Musicoloxía
A musicoloxía é o estudo científico ou académico de todos os fenómenos relacionados coa música, como as súas bases físicas, a súa historia e a súa relación co ser humano e a sociedade. As súas orientacións son moi diversas, fan énfase en diferentes áreas de traballo, obxectos de estudo e problemas de investigación. A musicoloxía definiuse e desenvolveuse de maneira moi diferente segundo as diversas tradicións nacionais. Por exemplo, na academia inglesa, a teoría da música non pertence á musicoloxía; ambas ensínanse en departamentos universitarios diferentes e posúen asociacións e revistas específicas.
Campos da musicoloxía
[editar | editar a fonte]A musicoloxía na historia
[editar | editar a fonte]A historia da música é un subcampo da musicoloxía que estuda como se desenvolveu a música ó longo do tempo. Este campo tamén é chamado ás veces musicoloxía histórica. En teoría, a historia da música pode referirse ó estudo da historia de calquera tipo de xénero musical (por exemplo a historia da música india ou a historia do rock). Na práctica, a historia da música áchase directamente relacionada co estudo da música clásica europea.
As ferramentas para abastecer a historia da música inclúen o estudo de manuscritos, estudo de traballos de compositores (ás veces realizando crítica textual), estudo das biografías de compositores e músicos, iconografía, estudo da relación entre a palabra e a música ou entre a música e a sociedade. O uso da análise musical para conseguir estas metas é a miúdo unha parte da historia da música, aínda que a análise “pura” ou o desenvolvemento de ferramentas novas da análise da música é máis probable que se inclúa no campo da teoría da música.
Na maior parte de Occidente, a historia da música ensínanos xeralmente que existe cronoloxicamente un equilibrio no repertorio (a través de audicións), o estudo e a análise destes traballos, os detalles biográficos e culturais da música e os músicos, e o escribir sobre música, habitualmente a través da crítica musical.
Etnomusicoloxía
[editar | editar a fonte]A etnomusicoloxía é o estudo da música no seu contexto cultural. Pode ser considerado a antropoloxía da música. Sempre se considera dentro da etnomusicoloxía toda aquela música que non estea dentro de occidente. Jeff Todd Titon denominouno o estudo da "xente que fai música". A etnomusicoloxía pode incluír tamén o estudo da música clásica occidental dende unha perspectiva antropolóxica e frecuentemente, no canto de observar á música cunha cultura, observa a música como un reflexo da cultura.
Despois de estudar publicacións previas, os etnomusicólogos observan a música in situ nos lugares onde se dan (pero non sempre). Este traballo de campo pode implicar a gravación e transcrición da música nos seus lugares orixinarios, entrevistas cos músicos autóctonos e aprender a realizarse dentro dese estilo musical (chamado biomusicalidade).
Teoría da música
[editar | editar a fonte]A teoría da música é un campo de estudo que describe os elementos da música e inclúe o desenvolvemento e o uso dos métodos para compoñer e analizar a música a través da notación musical e, en ocasións, do son musical en si mesmo. Xeralmente a teoría pode incluír calquera opinión, crenza ou concepto sobre a música (Boretz, 1995).