Saltar ao contido

Museo dell'Opera del Duomo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo dell'Opera del Duomo en Florencia.

O Museo dell'Opera del Duomo situado en Florencia, é un dos museos desta cidade toscana, dedicado a escultura.

Este museo atópase na Piazza del Duomo, 9, de Florencia.

Dedícase principalmente ás esculturas da catedral de Florencia: obxectos do exterior do Duomo, o campanil e o baptisterio. Hai salas dedicadas a Brunelleschi, exhibíndose ferramentas utilizadas na época da construción da catedral, dúas maquetas, unha da catedral e outra da fachada.

A súa principal obra escultórica é a Piedade florentina (anterior a 1555) de Michelangelo. Outras obras expostas neste museo: San Xoán (1408-1415), cantorie, La Maddalena (1455) e Profeta Habacuc (1423-25) de Donatello, a Virxe dos ollos de cristal (1296) de Arnolfo di Cambio, cantorie de Luca Della Robbia, e catro dos paneis da porta do baptisterio (Porta do Paraíso) de Ghiberti.

Obras destacadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]