Municipio de Sigulda
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Capital | Sigulda (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 31.469 (2024) (30,56 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.029,9 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xullo de 2021 | ||||
PIB nominal | 379.338.000 € (2021) | ||||
PIB per cápita | 12.345 € (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | LV-091 | ||||
O municipio de Sigulda (en letón, Siguldas novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021 pola Saeima.
É un municipio interior, a 52 quilómetros de Riga. Limita ao leste co municipio de Cēsis, ao norte co municipio de Limbaži, ao oeste co municipio de Saulkrasti e ao sur co municipio de Ogre. O centro do municipio atópase na cidade de Sigulda.
Ten unha superficie de 1 029,9 km² e unha poboación de 30 625 persoas a finais de 2021.[1] O municipio cómponse das parroquias de Allažu, Inčukalna, Krimulda, Lēdurga, Mālpils, More e Sigulda.
Xeografía e clima
[editar | editar a fonte]Xeograficamente, o municipio está dividido en dúas partes. A marxe dereita do río Gauja, onde se atopa a chaira de Limbaži, chaira compartida co municipio de Limbaži. E a marxe esquerda ocupada pola depresión de Madliena, suavemente montañosa.
A temperatura media é de -5,5 a -6 °C en xaneiro, e de +17 °C en xullo. A cantidade de precipitación é de 750 a 850 mm por ano.
Protección da natureza
[editar | editar a fonte]Dada a súa gran propoción de espazos naturais sobre o total da superficie do municipio, Sigulda converteuse desde a pasada década nun destino turístico para o desfrute de espazos naturais.[2] Parte do centro e norte do municipio (917,45 km²) está ocupado polo Parque Nacional Gauja (incluída a Reserva do Barranco de Nurmižu , a Reserva do Casco Antigo de Inciem e a Reserva do Museo Turaida). Nese parque atópase a atracción turística do castelo medieval de Sigulda, ruínas dun castelo letón do ano 1207. Ao norte, as reservas naturais dos pantanos de Laugas, Lielais e Pemmes, no sur Mazie Kangari, as fervenzas carsas de Ezernieku e os mananciais de Mežmuiža.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Parque temático Tarzans en Sigulda.
-
Castelo de Sigulda.
-
río Gauja.
-
Pedra do diaño, lugar de culto preto da fervenza Ezernieku.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Latvia: Administrative Division (Regions and Municipalities) - Population Statistics, Charts and Map". www.citypopulation.de. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ "Sigulda". 2020. Consultado o 22 de decembro de 2023.