Mundo de fantasía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Un mundo de fantasía é un universo ficticio empregado nas novelas e xogos de fantasía. Os mundos típicos conteñen maxia ou elementos máxicos[1], e a miúdo, temas medievais ou futuristas. Algúns mundos poden ser un universo paralelo conectado coa Terra mediante portais máxicos; unha Terra ficticia situada nun pasado ou futuro remoto; ou un mundo completamente independente localizado noutro universo[2].

Moitos mundos de fantasía están amplamente baseados na historia do mundo real, na súa xeografía e socioloxía, así como na mitoloxía e o folclore.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brian Attebery, The Fantasy Tradition in American Literature, páx. 166-7, ISBN 0-253-35665-2
  2. John Grant e John Clute, The Encyclopedia of Fantasy, "Imaginary lands", páx. 495-5 ISBN 0-312-19869-8