Mucha Giráldez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mucha Giráldez
Nacemento18 de febreiro de 1922
 Vigo
Falecemento28 de maio de 2007
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María del Carmen Giráldez Rodríguez, chamada Mucha, nada no Facho (Beade, Vigo) o 18 de febreiro de 1922, e falecida en Vigo o 28 de maio de 2007, foi unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada no alto da parroquia de Beade, mudouse ao barrio do Calvario cando era unha nena. De extracción humilde, traballou nas fábricas de peixe de Teis. Afiliouse ás Xuventudes Socialistas na preguerra e en 1936 ao PSOE.

Coñecida veciña do barrio do Calvario, e veterana militante do PSdeG, presentouse ás Xerais de 1989 como suplente do candidato a senador e poeta Manuel Cuña Novás. Ao falecer este en 1992, substituíuno na Cámara Alta, onde permaneceu unicamente uns meses ata os comicios de 1993.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Unha gardería do seu barrio leva o seu nome.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casada e tivo catro fillos. Á súa morte a familia esparexeu as súas cinzas no monte da Guía.