Mridula Sinha
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1942 Muzaffarpur, India (pt) |
Morte | 18 de novembro de 2020 (77 anos) Goa, India |
Causa da morte | COVID-19 |
Governor of Goa (en) | |
26 de agosto de 2014 – 23 de outubro de 2019 ← Om Prakash Kohli (en) – Satya Pal Malik (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | B. R. Ambedkar Bihar University (en) |
Actividade | |
Ocupación | política, escritora |
Partido político | Partido do Povo Indiano (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Ram Kripal Sinha |
Premios | |
Mridula Sinha, nada en Chhapra Dharampur Yadu o 27 de novembro de 1942 e finada o 18 de novembro de 2020, foi unha escritora e política india, gobernadora de Goa dende 2014[1] ata 2019.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mridula Sinha naceu nunha aldea do distrito de Muzaffarpur na rexión de Mithila en Bihar. O seu pai foi Babu Chhabile Singh e a súa nai Anupa Devi. Frecuentou a escola local en Chhapra e máis tarde estudou nun internado para rapazas no distrito de Lakhisarai[2]. Interesouse dende nova pola literatura hindi e amosou talento para escribir prosa en hindi.
Pouco antes de completar os estudos secundarios, os seus pais arranxarónlle matrimonio con Ram Kripal Sinha entón profesor de facultade en Muzaffarpur. Logo de casar, Mridula continuou os seus estudos e o posgrao en psicoloxía. Ao rematar traballou como profesora en Motihari. Tras rematar o seu marido o doutoramento deixou o traballo para marchar a Muzaffarpur, onde o seu marido estaba a traballar na universidade, e abriu unha escola.
Actividade literaria
[editar | editar a fonte]Escribiu historias curtas baseadas nas tradicións e a cultura do mundo rural que publicou en revistas en lingu hindi. Máis tarde compilounas nunha antoloxía en dous volumes, Bihar ki lok-kathayen. Tamén escribiu varias novelas e unha biografía de rajmata Vijaya Raje Scindia que titulou Ek thi rani aisi bhi que se levou ao cine máis tarde.
Actividade política
[editar | editar a fonte]Inicialmente axudou ao seu home na súa carreira política, que empezara en 1968 como deputado en Bihar. Non obstante en 2014 comezou a súa participación activa en política, como membro da executiva nacional do Bharatiya Janata Party[3]. Durante a campaña das eleccións xerais de 2014 estivo ao cargo do BJP Mahila Morcha (sección feminina)[4]. Dende o 25 de agosto de 2014 é a gobernadora de Goa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Press Communique". Press Information Bureau. Governement of India. 26 de agosto de 2014.
- ↑ "Blood smudge on school of sanskar" The Telegraph, 10 de agosto de 2014
- ↑ "Executiva nacional do BJP en 2014". Archived from the original on 03 de xullo de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ "Amit Shah is Uttar Pradesh in-charge of BJP, Om Mathur is Gujarat in-charge"". Desh Gujarat. 19 de maio de 2013.