Moviment d'Esquerra Nacionalista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moviment d'Esquerra Nacionalista
AcrónimoMEN
Tipoorganización política
Ideoloxíasocialismo, Independentismo catalán, feminismo e antimilitarismo
Data de fundación1985
Data de disolución1993
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

O Moviment d'Esquerra Nacionalista (MEN) foi un partido político independentista e socialista catalán, escisión de Nacionalistes d'Esquerra no ano 1985. Pretendía formar un bloque popular agrupando ós novos movementos sociais como ecoloxismo, feminismo e pacifismo. Parte da súa militancia integrouse no Moviment de Defensa de la Terra no ano 1986. Pediu o voto para Herri Batasuna nas eleccións europeas de 1987 e 1989. Integrouse como corrente dentro da Crida per la Soliraritat en 1989. En 1992 presentouse ás eleccións catalás en coalición con Alternativa Verda e en 1993 fusionouse con Els Verds-Confederació Ecologista de Catalunya.