Movemento ameboide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O movemento ameboide[1] é o movemento de cada célula en relación ao seu contorno. Por exemplo, os leucocitos son quen de moverse a través de diversos tecidos.

O movemento comeza coa emisión dun pseudopodo dende o extremo dunha célula, que se dirixe cara fóra, lonxe da célula. Despois, tira do resto da célula cara si, permitindo o movemento. Para poder realizar este proceso é imprescindible que o pseudopodo se una a receptores dos tecidos circundantes, para poder funcionar coma vector de dirección. A unión ten lugar por proteínas do receptor que se aliñan dentro das vesículas exocíticas. Cando estas forman parte da membrana do pseudopodo, ábrense de xeito que liberan o seu contido cara o exterior. Os receptores fan entón protusión e se unen aos ligandos dos tecidos circundantes.

No extremo oposto á célula, os receptores afástanse dos seus ligandos e forman novas vesículas de endocitose. Despois, as vesículas migran cara o extremo do pseudopodo, para formaren parte dunha nova membrana plasmática.

Durante todo este proceso, os filamentos de actina da célula contráense, formándo polímeros, permitindo o movemento. Durante a súa actividade consomen ATP.

Células con movemento ameboide[editar | editar a fonte]

Nos seres humanos as células con maior capacidade de movemento ameboide son os leucocitos cando saen do sangue aos tecidos periféricos. Os fibroblastos e as células xerminais da pel tamén poden desplazarse para reparar feridas e outras anomalías. As células embrionarias requiren de movememtos desta clase para un correcto desenvolvemento fetal.

Regulación do movemento ameboide[editar | editar a fonte]

Os fenómenos de quimiotaxe regulan o movemento. A liberación de substancias quimiotácticas atrae a diversas células, dende concentracións máis baixas cara concentracións máis altas (quimiotaxe positiva). Algunhas substancias exercen o efecto contrario, dirixindo cara as concentracións menores, o fenómeno de quimiotaxe negativa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ameboide.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]