Motor síncrono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dun motor síncrono.

Os motores síncronos son un tipo de motor eléctrico de corrente alterna. A súa velocidade de xiro é constante e depende da frecuencia da tensión da rede eléctrica á que estea conectado e polo número de pares de polos do motor, sendo coñecida esa velocidade como "velocidade de sincronismo".

A expresión matemática que relaciona a velocidade da máquina cos parámetros mencionados é:

onde:

  • f: Frecuencia da rede á que está conectada a máquina (Hz)
  • P: Número de pares de polos que ten a máquina
  • p: Número de polos que ten a máquina
  • n: Velocidade de sincronismo da máquina (revolucións por minuto)

Por exemplo, se se ten unha máquina de catro polos (2 pares de polos) conectada a unha rede de 50 Hz, a máquina operará a 1.500 r.p.m.

Funcionan de forma moi similar a un alternador. Dentro da familia dos motores síncronos debemos distinguir:

1. Os motores síncronos.
2. Os motores asíncronos sincronizados.
3. Os motores de imán permanente.

Os motores síncronos son chamados así, porque a velocidade do rotor e a velocidade do campo magnético do estator son iguais. Os motores síncronos úsanse en máquinas grandes que teñen unha carga variable e necesitan unha velocidade constante.

Arranque dun motor trifásico síncrono.

Existen catro tipos de arranques diferentes para este tipo de motor:

1. Como un motor asíncrono.
2. Como un motor asíncrono, pero sincronizado.
3. Utilizando un motor secundario ou auxiliar para o arranque.
4. Como un motor asíncrono, usando un tipo de arrollamento diferente: levará uns aneis rozantes que conectarán a roda polar do motor co arrancador.
Freado dun motor trifásico síncrono.

Por regra xeral, a velocidade desexada deste tipo de motor realízase por medio dun reostato. O motor síncrono cando alcance o par crítico deterase, non sendo esta a forma máis ortodoxa de facelo. O par crítico alcánzase cando a carga asignada ao motor supera ao par do motor. Como comento, non é a forma apropiada para deter o motor, estrágase se abusamos diso, porque se requenta. A mellor forma de facelo, é ir variando a carga ata que a intensidade absorbida da rede sexa a menor posible, entón desconectaremos o motor. Outra forma de facelo, e a máis habitual, é regulando o reostato, con iso variamos a intensidade e podemos desconectar o motor sen ningún risco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]