Motor asíncrono trifásico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un motor asíncrono trifásico é un tipo de motor eléctrico, usado especialmente para o accionamento de máquinas, debido ás súas vantaxes, como a robustez, simplicidade de mantemento, facilidade de instalación ou baixo custo. Os seus terminais son U1, V1, W1, W2, U2, V2. Funciona por indución.

Principios de funcionamento[editar | editar a fonte]

O principio de funcionamento dun motor asíncrono baséase na creación de corrente inducida nun condutor cando este curta as liñas de forza dun campo magnético, de aí provén o nome motor de indución. Se se fai xirar o campo magnético no sentido das agullas do reloxo, a espira sométese a un fluxo variable e convértese no soporte dunha forza electromotriz inducida que orixina unha corrente inducida. Lei de Faraday.

É posible definir o sentido dunha corrente mediante a aplicación da regra do tres dedos da man esquerda (FBI), o dedo polgar representa a forza magnética, o dedo índice representa o campo magnético e o dedo medio a intensidade da corrente, formando un ángulo recto entre si.

Segundo a lei de Lenz o sentido da corrente é tal que se opón pola súa acción electromagnética á súa causa de orixe. Cada un dos dous condutores sométese a unha forza "F", en sentido oposto ao seu desprazamento relativo con respecto ao campo indutor. A regra dos tres dedos da man dereita permite definir o sentido da forza "F" de cada condutor. O polgar sitúase no sentido do campo indutor, o índice no sentido da forza e o medio no sentido da corrente inducida. A espira sométese a un par que provoca a súa rotación no mesmo sentido que o campo indutor, chamado campo xiratorio.

O estator é a parte fixa do motor, é un anel cilíndrico de chapa magnética axustado á carcasa que o envolve, no interior do estator vai colocado o rotor, que é un cilindro de chapa magnética fixado ao eixe.

Creación do campo xiratorio[editar | editar a fonte]

Tres debandados, cun decalado de 120º aliméntanse de sendas fases nunha rede trifásica alterna, indúcese un campo magnético xiratorio que envolve ao rotor.

A diferenza entre o motor de indución e o motor universal é que no motor a indución o debandado do rotor non está conectado ao circuíto de excitación do motor senón que está eléctricamente illado. Ten barras de condución en todo o seu longo, metidas en rañuras a distancias uniformes arredor da periferia. As barras están conectadas con aneis a cada extremidade do rotor.

Tipos[editar | editar a fonte]

Rotor de gaiola[editar | editar a fonte]

Os rotores destas máquinas están formadas por varas de cobre ou de aluminio aloxadas nas rañuras do núcleo e curtocircuitadas nas súas cabezas por aneis.

A construción dun motor en gaiola consta de dous conxuntos perfectamente diferenciados:

  • Conxunto estatórico: Está formado pola carcasa, placa de bornes, circuíto magnético do estator e debandados do estator.
  • Conxunto rotórico: Está formado por un eixe con núcleo de gaiola, rodamentos, prato de adaptación á caracasa e ventilador.

O par de arrinque destes motores é baixo e a corrente que absorbe durante a posta baixo tensión é moi superior á corrente nominal.

Rotor bobinado[editar | editar a fonte]

Teñen o mesmo estator que os de gaiola, pero o rotor leva un debandado trifásico conectado en estrela por un dos seus extremos, mentres os outros extremos van unidos a un anel cada un, montados sobre unha base illante, dando lugar a un colector de aneis. Sobre os aneis apoian as vasoiras para sacar estes terminais ao exterior e levalos á placa de bornes ou placa de conexión. As letras normalizadas para estes extremos son K, L, M.

O motor de rotor bobinado ten a gran vantaxe de que mediante o reostato exterior pódese regular a resistencia do inducido e así facer arriques graduados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]