Motor de rotor bobinado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un motor de rotor bobinado é un tipo de motor eléctrico no que o estator posúe as mesmas características que un de motor de rotor en curtocircuíto, mais o rotor constrúe insertando un debanado trifásico nas rañuras dun núcleo cilíndrico de chapas magnéticas. Este devandado conéctase normalmente en estrela e os tres terminais restantes conéctanse a tres aneis rozantes. Unhas vasoiras fregan estes aneis e permiten conectar unhas resistencias externas en serie co fin de poder limitar a corrente rotatoria.

Tipos de rañuras[editar | editar a fonte]

No rotor bobinado empréganse rañuras abertas e sobre todo semipechadas de forma rectangular cunha profundidade de aproximadamente 3 a 4 veces o ancho. Aínda que tamén hai outros tipos.

As rañuras abertas teñen a vantaxe de que as bobinas poden colocarse na súa posición a través da parte superior da rañura, e deste xeito, a bobina é máis sinxelo metela e sacala. Pero as rañuras abertas aumentan a relutancia do circuíto magnético polo que en moitas ocasións, resultan máis axeitadas as rañuras semicerradas; estas rañuras permiten que se coloquen nelas bobinas previamente construídas, pero estas han de ter un ancho non superior á metade do ancho da rañura, polo que a montaxe da bobina será algo máis custosa. De todos os xeitos e debido ás mellores condicións magnéticas obtidas coas rañuras semicerradas, estas son as máis utilizadas nos motores de rotor bobinado para medianas e grandes potencias.

As rañuras en forma rectangular, son dentes de forma trapezoidal, estreitos na base e máis anchos na cabeza: esta forma non é a mellor dende o punto de vista magnético, xa que na base do dente existirá maior densidade de fluxo magnético e si se quere evitar a saturación magnética na base do dente, o resto deste non se utilizará a pleno rendemento; por outro lado, existe o perigo de que se a base do dente é demasiado estreita pode quedar sometida a un excesivo esforzo mecánico cando xira a máquina. Canto menor é o diámetro do rotor, maior será o estreitamento do dente debido á forma rectangular das rañuras; por esta razón, os rotores para motores de pequena potencia constrúense con dentes paralelos e rañuras trapezoidais.

Esta forma de rañuras non pode conter axeitadamente os condutores de sección rectangular pero resulta moi apropiada para aloxar condutores de sección circular que son, precisamente, os que se empregan para máquinas de pequena potencia.

Elíxese a forma rectangular porque resulta a máis adecuada para conter as barras rectangulares de cobre que se empregan para constituír as bobinas e ademais esta forma pode adaptarse doadamente para conter os condutores de sección circular.

En canto á forma construtiva da bobina do rotor, utilízase moitas veces a bobina de barril ou de cesta empregando tamén nas bobinas de inducido de corrente continua e, noutras ocasións, a bobina en varios planos, exclusiva de corrente alterna.

Existen diferentes sistemas de fixación das cabezas de bobina rotórica mediante zunchos e soportes de fixación:

  • Soporte de bobina cilíndrica.
  • Soporte de bobina cónica.
  • Soporte de bobina abovedada.

Placa de características[editar | editar a fonte]

Na placa de características destes motores aparecen tres novos terminais correspondentes ao bobinado do rotor, que para non os confundir cos do estator se indican coas letras maiúsculas K1, L1, M1.

O principio de funcionamento é exactamente igual que o do rotor en curtocircuíto, pero agora é posible a regulación directa da corrente rotórica e con ela, a propia corrente do estator.

Este sistema ten a vantaxe de que non é necesario diminuír a tensión no estator para diminuír o fluxo e, con el, a corrente rotórica, que sempre trae consigo unha redución do par motor.

Arranque[editar | editar a fonte]

O arranque faise en sucesivos chanzos, obtendo un arranque con corrente suave no estator cun bo par de arranque. Calculando axeitadamente o valor das resistencias rotóricas, mesmo se pode chegar a obter un arranque co par máximo.

Ao modificar a resistencia do rotor, o deslizamento faise maior e a curva característica par-velocidade desprázase.

O grande inconveniente que presentan estes motores fronte aos de gaiola de rotor en curtocircuíto é que resultan bastante máis caros e necesitan dun maior mantemento. Na actualidade o control electrónico dos motores asíncronos de rotor en curtocircuíto desprazou en case todas as aplicacións ao motor de rotor bobinado, quedando este último para casos especiais onde se requira un par de arranque moi elevado (grúas, instalacións de media tensión etc.).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]