Mosteiro dos Picos
| Mosteiro dos Picos | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| O Formigueiro | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
O mosteiro dos Picos ou mosteiro de San Martiño de Vilalourente é un antigo mosteiro medieval situado nos arredores da vila de Mondoñedo, na parroquia dos Remedios do concello de Mondoñedo.
Historia
[editar | editar a fonte]Algúns documentos apuntan que foi construído en 1348. O mosteiro xa existía no século XIV. Os franciscanos foron os seus primeiros moradores e máis tarde serviu como Hospital de Peregrinos do Camiño Norte. A comezos do século XVIII, con Juan Antonio Muñoz Salcedo como bispo de Mondoñedo, remodelouse o templo: reconstituíse o campanario para darlle máis altura e derribouse a anterior igrexa. O bispo pagou as obras de construción da nova e o seu retablo maior. Foi habitado polos Pasionistas entre 1884 e 1964, ficando deshabitado ata a actualidade.
Popularmente coñécese como mosteiro dos Picos debido á vestimenta dos primeiros monxes que o habitaron. A subida ao mosteiro coñécese co nome de "Calvario" pola existencia dun Viacrucis bastante deteriorado (só quedan 9 estacións das 14 que debería de haber).
Edificación
[editar | editar a fonte]A igrexa consta dunha nave en tres tramos cubertos de nervatura gótica, cúpula con lanterna, presbiterio, claustro rectangular de dous pisos con arcos no baixo e ventás no alto, construído a partir de 1687, cociña antiga e escaleira principal do século XVIII. Fachada principal barroca cun ollo de boi central e unha torre lateral de dous corpos e remate en cúpula. No interior ten un retablo maior salomónico con esculturas, dous retablos laterais barroco e moderno e cadeirado do coro barroco.
Estado actual
[editar | editar a fonte]Hoxe atópase en estado ruinoso e está totalmente abandonado. A igrexa comeza a ter fendas e o edificio do mosteiro ten os tellados fendidos e a silveira devora o recinto pola parte de atrás.
No ano 2001 estivo a piques de ser rehabilitado. A Consellería de Cultura achegou diñeiro para reparar tellados e un obradoiro local restaurou o claustro. Hoxe todo está inaccesible e o acceso ao interior está prohibido.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Mosteiro dos Picos.
- Portada da igrexa.
- Viacrucis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O mosteiro na web de Mondoñedo Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Ficha en Turgalicia