Saltar ao contido

Mosteiro, Ferreira de Negral, Palas de Rei

Mosteiro
ParroquiaFerreira de Negral
ConcelloPalas de Rei
Coordenadas42°56′35″N 7°48′59″O / 42.943020441981, -7.8164562711378
Poboación2 hab. (2021)
editar datos en Wikidata ]

Mosteiro é un lugar da parroquia de Ferreira de Negral no concello lugués de Palas de Rei, na comarca da Ulloa. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[1] en 2021 tiña 2 habitantes, dúas mulleres.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Portada románica da igrexa de San Martiño de Ferreira de Negral

É o lugar onde se sitúa a igrexa parroquial. É unha construción de orixe románica pero con importantes e continuadas reformas desde a fundación. Só conserva románica a portada sur. Un arco de medio punto con tres arquivoltas baquetonadas de sección rectangular. Esta decórase cun arco en cada doela con diversos motivos no seu interior. De gornición ten unha fina moldura tórica dentada e impostas con dentes de serra e incisións cadradas. As columnas son de tres ordes con capiteis con motivos zoomorfos, antropomorfos e xeométricos. O tímpano presenta moita decoración, ademais dunha inscrición: ANNUS AB CARNATIONE DNI Mº Cº LXXVII/I ERA M CCX. O presbiterio sepárase da nave por medio dun arco triunfal de aresta, con bóveda de canón con lunetos.[2]


Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Ferreira de Negral

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Ferreira de Negral no concello de Palas de Rei (Lugo)

As Balancas | Bugallal | O Carballal | Castrelo | A Costa | A Covela | A Mámoa | Mosteiro | Niñarellos | O Outeiro | A Pena da Galiña | O Penedo | Penín | A Ponte Ferreira | A Ribeira | Senande

Parroquias de Palas de Rei

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Palas de Rei

Albá (Santiago) | Ambreixo (San Vicenzo) | Augas Santas (San Xurxo) | Berbetouros (San Miguel) | Cabana (Santiago) | O Carballal (San Sebastián) | Carteire (Santa María) | Coence (San Mamede) | Covelo (San Xoán) | Cuíña (Santa María) | Curbián (San Martiño) | Felpós (San Tomé) | Ferreira de Negral (San Martiño) | Filgueira (San Tomé) | Fontecuberta (Santa Mariña) | Laia (San Xoán) | Lestedo (Santiago) | Maceda (San Miguel) | Marzá (Santa María) | O Mato (San Xoán) | Meixide (San Pedro) | Merlán (San Salvador) | Moredo (San Fiz) | Mosteiro de Devesa (Santiago) | Orosa (Santo André) | Palas de Rei (San Tirso) | Pambre (San Pedro) | Pidre (Santa María) | A Puxeda (Santa María) | Quindimil (San Miguel) | Ramil (San Martiño) | Remonde (San Miguel) | Ribeira (San Salvador) | Salaia (San Pedro) | San Breixo (Santa María) | San Cibrao da Repostería (San Cibrao) | San Mamede do Carballal (San Mamede) | San Miguel de Coence (San Miguel) | San Xiao do Camiño (San Xiao) | San Xusto da Repostería (San Xusto) | Ulloa (San Vicente) | Vilar de Donas (San Salvador) | Vilareda (San Pedro)

  1. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  2. "Igrexa de San Martiño de Ferreira de Negral". www.turismo.gal. Consultado o 10 de novembro de 2025.