Morpheus (videoxogo de 1998)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Morpheus
Desenvolvedor(es)Soap Bubble Productions
Distribuidora(s)Piranha Interactive Publishing (1998-1999)
Tiburon Interactive Publishing (2000-)
MotorFeito con QuickTime VR e QuickTime Video 3.0
Lanzamento1998
XéneroAventura gráfica
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Mac OS / Windows
Formato(s)Hybrid CD-ROM (3)
RequisitosMacintosh:

Windows:

  • Pentium
  • 8 MB RAM
  • Quad-speed CD-ROM drive
  • 640x480 display (256 color ou superior)
  • Windows 95
  • Tarxeta de son e rato
editar datos en Wikidata ]

Morpheus é un xogo de ordenador estadounidense lanzado en 1998. Foi desenvolvido por Soap Bubble Productions e distribuído por Piranha Interactive Publishing Inc. É un xogo de aventuras en primeira persoa semellante a Myst con interface point and click, que pode cambiar de posición facendo clic e amosando en transición os movementos do xogador.

Sinopse[editar | editar a fonte]

No ano 1928, un magnate do aceite de peixe e membro do Club de Exploradores, o Comandante Theodore Holmes tenta viaxar a través do Polo Norte nun globo aerostático. Mentres fai os preparativos, aparece un home que di palabras incoherentes por mor dos estragos do clima, e menciona un cruceiro de luxo llamado Herculania cuxos pasaxeiros precisan axuda. Intrigado, vai na súa axuda e desaparece. En 1952, Matthew Holmes, o seu fillo, prepárase para buscar ó seu pai para descubrir a causa da súa desaparición. Mais el tamén se perde e comeza a deixar de distinguir entre o mundo real e o dos soños. Cando está a piques de morrer, descobre o barco que o seu pai fora a buscar.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

Levou catro anos de traballo desenvolver todo o son, os gráficos e as secuencias de acción. O motor do xogo foi feito con QuickTime 3.0 e QuickTime Video para as transicións.