Moreiras, Toén
Moreiras | |
---|---|
Concello | Toén[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°18′12″N 7°55′21″O / 42.30341667, -7.92252778 |
Poboación | 796 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Moreiras é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 806 habitantes (400 homes e 406 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano 2000.
Historia
[editar | editar a fonte]Moreiras ten restos arqueolóxicos do paleolítico na Piteira e O Loureiro, ademais da proximidade dos castros de Trelle.
Sábese que a aldea de Moreiras xa existía no século XI, debido a que nesa data comezouse a construír a igrexa románica primitiva de San Pedro de Moreiras. Nos séculos XVI e XVII fixéronse construcións señoriais e fidalgas, ademais das primeiras adegas para gardar o viño. Moreiras viviu un gran choque a finais do século XIX e principios do XX, cando a agricultura en auxe e a mellora das comunicacións coa cidade fixeron que o índice de mortalidade baixara e formáronse grandes familias.
Coa chegada da democracia creáronse institucións publicas como a Casa de Cultura, onde se involucraron diversas asociacións: AVM (Asociación de Veciños de Moreiras), AMR (Asociación de Mulleres Rurais) e a Asociación Cultural Breogán.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Igrexa parroquial
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial é un templo rural do século XVIII con restos románicos. A fachada é de decoración barroca, rematada por dúas torres desiguais, de traza renacentista con porta alintelada á que acompañan dous pares de columnas exentas. Barandel de pedra rematando no primeiro corpo da fachada. Rematado todo con pináculos e esculturas. Dúas torres: remate piramidal (norte) e na cúpula (sur). No interior destaca o retablo gótico con pezas de imaxinería de gran valor artístico. O altar maior é do século XVI presidido pola imaxe da Purísima. Ten planta de cruz latina que conserva no muro sur restos románicos (perpiaños e aspilleiras). Amosa unhas amplas dimensións, corpo levado sobre o cruceiro, e o presbiterio máis alto que a nave.
Monumentos
[editar | editar a fonte]- Casa reitoral do párroco de Moreiras Manuel Armada.
- Cruceiro e Fonte da Rúa Real (Jose L. Gil).
- Casa e cruceiro de Manuel Rego Nieto.
- Torre do Patín (Antiga casa do cóengo Alonso de Piña século XVI)
- Lavadoiros da Pedriña, da praza, das Pontellas e da Torre.
- Antigo muíño (Bouzo do Muíño).
- Petos de ánimas do Carme (antigo e novo) e o de San Roque.
- Casa e portón S. XVII-XVIII de Evaristo Vahamonde.
- Adega das festas (Adegas onde se formou o grupo musical Lamatumbá).
- Adegas dos Tinglados.
- Capela e cruceiro Das Airas.
- Praza do pobo Eladio Sabucedo.
- Pazo da Pereiriña (século XVII).
- Aira do Fornanvello.
- Fonte do bispo, igrexa, cruceiro e do Patín (século XVII)
- Fonte da praza, caliña e o pazo (séculos XIX - XX)
- Praza de Gustavo Rego.
- Portón da Rúa Real (á altura da canella do Galego).
- Praza da Seara.
Festas
[editar | editar a fonte]- San Bráis, 3 de febreiro.
- San Pedro, 29 de xuño.
- Virxe do Carme.
- San Roque, 16 de agosto.
Deporte
[editar | editar a fonte]O equipo de fútbol local é o C.D.Moreiras, que actualmente milita na 2ª rexional. A vila dispón de dous campos de fútbol, un de area e outro de herba natural situados na contorna do sanatorio de Moreiras.
Tempo de lecer
[editar | editar a fonte]Os seus locais sociais son O Cantiño, A Casa do Peso, o Mesón Moreiras, o Café Asanti e a Casa da Cultura.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Moreiras
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Moreiras no concello de Toén (Ourense) | |
---|---|