Montes da Fonsagrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Montes da Fonsagrada.

Os montes da Fonsagrada son un conxunto montañoso formado por cadeas montañosas como Serra do Hospital, Serra do Muradal, Serra de Follabal, Serra de Fontecuberta, Serra de Liñares, Serra do Corno do Cervo e Serra de Envernal. Conta con espazos naturais de especial interese como os bosques mixtos da Veiga de Logares, a Braña de San Cibrán, os carballais de Alto Rodil, carballais do río Allonca, carballais de Santestebo, o val do río de Baos e os carballais, bidueirais e faiais do val de Piñeira. Por eles sucan ríos da importancia biolóxica do Rodil e do Navia e Suarna. Agás o Bosque de Carballido, carecen de protección medioambiental.