Molène

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Molène
Vista da illa
Datos
Capital
País Francia
Localización Océano Atlántico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2006) 221 hab.
Superficie 0´75 km²
Densidade
Coordenadas 48°23.50′N 4°57.20′O / 48.39167, -4.95333Coordenadas: 48°23.50′N 4°57.20′O / 48.39167, -4.95333
Maior Altura 26 m.
Localización
Localización da illa

Molène (Molenez en bretón) é unha localidade situada sobre illa francesa do mesmo nome no Mar de Iroise, ao longo da costa do departamento de Finistère, na Bretaña. Igual que a súa veciña Ouessant, segue estando habitada na actualidade.

Xunto con outros illotes anexos, constitúe a comuna de "Île-Molène".

Xeografía[editar | editar a fonte]

Molène é unha pequena illa de menos de 1 km de longo por 900 m de ancho, o que é unha superficie de 95 ha (0,95 km²). É a illa principal dun arquipélago de vinte illas (Balanec, Bannec, Béniguet, Morgol, Quéménès, Trielen...). A altitude máxima do arquipélago é de 26 m.

O arquipélago de Molène é desde 1988 "Reserva da Biosfera", atribuído pola UNESCO. Esta reserva atópase no límite do Parque Rexional de Armorique. Desta forma preténdese preservar a fraxilidade de certos lugares que poderían degradarse por sobrexplotación ou exceso de frecuentación turística durante a época estival.

Pódese acceder mediante barcos todo o ano desde os portos de Brest e de Le Conquet.

Demografía[editar | editar a fonte]

En 2006 quedaban 221 persoas residentes en Molène, cunha densidade de 291 habitantes/km².