Mole
Mole | |
Polo en salsa de mole vermello. | |
Tipo | Mollo |
Orixe | México |
Ingredientes | |
Orixe vexetal | Chile (pemento) |
Condimentos | Especias |
O termo mole (do náhuatl molli ou mulli), refírese a varios tipos de mollos mexicanos feitos principalmente a base de chiles e especias, e que son espesados con masa de millo, e tamén ós pratos con carne e vexetais que son preparados con estes mollos.
Orixinalmente facía referencia a calquera mollo ou combinación de ingredientes, e actualmente serve para nomear varios pratos da cociña mexicana, especificamente a un grupo de pratos que teñen algúns elementos en común, como o feito de prepararse a base de chiles e especias. Na cociña mexicana actual, o mole adoita acompañar carnes cocidas.[1]
O mole máis coñecido en México é o mole poblano, que para moitas persoas é o mole por antonomasia e adoita ser chamado "prato nacional" de México. Porén, existen moitas variedades de mole.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Torreón, El Siglo de (2006-12-23). "El mole poblano...platillo típico de México". www.elsiglodetorreon.com.mx (en castelán). Consultado o 2022-03-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mole |