Modesta Anca Rico
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1934 San Martiño de Porto, España |
Morte | 14 de abril de 2022 (88 anos) Narón, España |
Alcaldesa de Cabanas | |
1984 – 2006 (dimisión) | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Modesta Anca Rico, nada en San Martiño de Porto (Cabanas) o 2 de febreiro de 1934 e finada en Narón o 15 de abril de 2022,[1] foi unha política galega do PSdeG-PSOE.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Afiliada ao PSdeG-PSOE. Nas eleccións municipais de 1983 foi a número dous da candidatura do PSdeG á alcaldía de Cabanas e foi elixida concelleira. En 1984 pasou a ser alcaldesa. Nas municipais de 1987 foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Continuou coma alcaldesa nas sucesivas eleccións. Dimitiu en 2006 logo de ser condenada por delito urbanístico[3], recorreu a sentenza no Tribunal Supremo.[Cómpre referencia]
Predecesor: Antonio Cabalo García |
Alcaldesa de Cabanas 1984 - 2006 |
Sucesor: José C. Rey García |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cabanas despide a Modesta Anca Rico, unha das primeiras alcaldesas de Ferrolterra
- ↑ Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 36. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "A alcaldesa de Cabanas acepta xa dimitir do Concello". www.galiciahoxe.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019.