Modelo:Desgaleguizar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Indicacións de uso do modelo
Obxectivo

Incluír un aviso respecto á necesidade de desgaleguizar os contidos dun artigo. Ao mesmo tempo, clasifica o artigo dentro dunha categoría oculta de artigos aos que lles falta unha perspectiva que non sexa exclusivamente galega. Algúns exemplos:

  • Artigos aos que lles faltan imaxes relacionadas con ese fenómeno ou situación fóra de Galicia.
  • Artigos de acontecementos que non recollen as consecuencias ou desenvolvementos fóra de Galicia.
  • Artigos biográficos que necesitan unha ampliación relacionada coa vida ou coa obra non galega do persoeiro.
  • Artigos de situacións, enfermidades, sectores económicos ou conceptos xerais que non presentan datos sobre a súa incidencia fóra de Galicia.
Uso

Coloque a etiqueta {{Desgaleguizar}} no punto en que desexe do texto (preferiblemente na altura en que deberían ir os contidos relacionados co resto do planeta que non é Galicia)

Diferenzas con marcadores relacionados
  • {{Atención}}. Artigos con diversos problemas. Permite a explicación da causa de colocación da etiqueta. Ten o inconveniente de que é moi xeral, e que hai moitos artigos marcados con este modelo.
  • {{Galeguizar}}. Emprégase para marcar artigos que non ofrecen datos relevantes sobre a importancia desa persoa, obxecto, ou acontecemento para Galicia e os galegos, e que deberían ofrecer.
Este recadro non aparecerá no artigo.
Esta documentación está transcluída desde Modelo:Desgaleguizar/uso. Os editores poden probar cambios no mesmo en Modelo:Desgaleguizar/probas.
Por favor, engade as categorías na subpáxina de documentación e os interwikis no Wikidata. Ver as subpáxinas deste modelo.