Modelo:Galeguizar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Test Template Info-Icon - Version (2).svg Indicacións de uso do modelo
Obxectivo

Incluír un aviso respecto á necesidade de galeguizar os contidos dun artigo. Ao mesmo tempo, clasifica o artigo dentro dunha categoría oculta de artigos aos que lles falta a perspectiva galega. Algúns exemplos:

  • Artigos aos que lles faltan imaxes relacionadas con ese fenómeno ou situación en Galicia.
  • Artigos de acontecementos que non recollen as consecuencias ou desenvolvementos en Galicia.
  • Artigos biográficos que necesitan unha ampliación relacionada coa vida ou coa obra galega do persoeiro.
  • Artigos de situacións, enfermidades, sectores económicos ou conceptos xerais que non presentan datos sobre a súa incidencia en Galicia.
Uso

Coloque a etiqueta {{Galeguizar}} no punto en que desexe do texto (preferiblemente na altura en que deberían ir os contidos relacionados con Galicia)

Adóitase empregar con artigos que proveñen como tradución doutras wikipedias, e que non teñen a necesaria perspectiva galega.

Diferenzas con marcadores relacionados
  • {{Atención}}. Artigos con diversos problemas. Permite a explicación da causa de colocación da etiqueta. Ten o inconveniente de que é moi xeral, e que hai moitos artigos marcados con este modelo.
  • {{Nongalego}}. Emprégase para marcar artigos que necesitan unha tradución ao galego. Iso non significa que teñan que incluír contidos relativos a Galicia.
  • {{Desgaleguizar}}. Emprégase para marcar artigos que só ofrecen unha perspectiva galega dun feito, dun movemento ou dun obxecto que teñen unha transcendencia maior cá galega.
Este recadro non aparecerá no artigo.
Esta documentación está transcluída desde Modelo:Galeguizar/uso. Os editores poden probar cambios no mesmo en Modelo:Galeguizar/probas.
Por favor, engade as categorías na subpáxina de documentación e os interwikis no Wikidata. Ver as subpáxinas deste modelo.