Saltar ao contido

Mirante do Vale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mirante do Vale
Centro de San Paulo Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Estilo
Persoas e organizacións
 Arquitecto/a
Waldomiro Zarzur
 Enxeñeiro estrutural
Datas
 Fundación / creación
1960 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1966 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1960construción Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Altura170 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Código postal
01031-001 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Mirante do Vale é un rañaceos localízado en São Paulo, no Brasil. Con 170 metros de altura,[1] foi durante 48 anos o maior edifício do país, ata que foi superado en 2014 polo Millennium Palace, en Balneário Camboriú. Proxectado polo arquitecto Waldomiro Zarzur, a súa construción comezou en 1960, sendo inaugurado en 1966. O edificio localízase na rexión do Vale do Anhangabaú.

Foi proxectado polo enxeñeiro Waldomiro Zarzur conxuntamente con Aron Kogan.

A construción do rañaceos levou cinco anos. Waldomiro era un enxeñeiro cunha considerable experiencia. A súa primeira obra, unha casa na Rúa Afonso Brás, na Vila Nova Conceição, foi executada cando tiña só 21 anos e aínda estudaba Enxeñeria na Universidade Presbiteriana Mackenzie. Nesa época, a amizade co tamén estudante Aron Kogan transformouse en sociedade que duraría ata 1960, cando Kogan foi asasinado e Waldomiro asumiu a dirección da empresa.

É posible ter unha visión aérea do Mirante do Vale visitando o observatorio da torre do Banespa ou o Terraço Itália, dende onde parece mais baixo, debido a estar situado nun val.

  1. "Mirante do Vale". emporis.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]