Miradoiro de Santa Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de Ribadeo dende o Monte de Santa Cruz
Vista de Ribadeo dende o Monte de Santa Cruz

O miradoiro de Santa Cruz forma parte da ruta dos miradoiros de Ribadeo. Sitúase no monte de Santa Cruz, con vistas cara á ría de Ribadeo e o mar Cantábrico, incluíndo lugares como a ponte dos Santos (parcialmente tapada pola vila), As Figueiras (Castropol) e demais paisaxes da zona.

Neste miradoiro atópase unha pequena ermida, e na súa veciñanza pasa o Camiño de Santiago. Tamén hai dúas cruces (unha antiga e outra máis nova) que son as que lle dan nome o miradoiro, e xunto a elas está erixido o monumento ao Gaiteiro Galego, obra do escultor ourensán Antón Faílde; por detrás das cruces agóchase o observatorio astronómico (A Casa da Ría). O lugar dispón de mesas, bancos, grellas e auga corrente para uso campestre.

Destácase aínda máis pola festividade que se celebra o primeiro domingo de agosto, recoñecida de interese turístico, a coñecida Xira de Santa Cruz que, celebrada xunto coa festividade na honra dos gaiteiro (o Día da Gaita), fan do recinto un lugar de asento e abrigo de romarías.